Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

El ATENEO de Santiago "promociona en los medios de comunicación" a la Magistrada del Juzgado de Instrucción Penal 1 de Santiago, ANA LÓPEZ-SUEVOS

Información
12 Junio 2023 - Galicia 25872 votos - Correo electrónico - Imprimir

 

Ana López SuevosEn la redacción de Xornal Galicia recibimos este comunicado:

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

CONFERENCIA DA MAXISTRADA ANA LÓPEZ-SUEVOS NO ATENEO DE SANTIAGO

O luns, 12 de xuño, o Ateneo de Santiago ten programada, dentro do ciclo Os Luns do Ateneo, unha nova conferencia titulada «Problemática da delincuencia sexual en España», que estará impartida pola Maxistrada Ana López-Suevos. O acto, que se desenvolverá a partir das 19.30h, na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Segundo un informe do Ministerio do Interior, as denuncias por delitos sexuais aumentaron un 34% en 2022 con respecto ao ano anterior. Comparándoo co ano 2019, previo á pandemia, este tipo de delitos incrementáronse nun 53,2%. Nesta conferencia a Maxistrada do xulgado de instrución nº 1 de Santiago expoñerá a problemática do aumento deste tipo de delitos e as medidas a adoptar para tratar de acabar con esta situación, ademais de explicar o Protocolo de delitos sexuais do partido xudicial de Santiago, documento que ela mesma coordinou.

Ana López-Suevos Fraguela, Maxistrada do Poder Xudicial dende 1997, instrúe, entre outros, os delitos de natureza sexual no xulgado de Santiago. Tamén coordinou os traballos de elaboración do Protocolo de delitos sexuais do partido xudicial de Santiago, documento para a sistematización dos procedementos de distintos operadores implicados na atención das vítimas de violencia sexual, aprobado en decembro de 2021 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Máis información

social youtube xornalgalicia   feed-image