Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

ESPINOSA DESTAPA NOVAS IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DO CUNQUEIRO

Información
27 Noviembre 2024 - Galicia 1703 votos - Correo electrónico - Imprimir

ElenaEspinosa_005.JPG

ESPINOSA DESTAPA NOVAS IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DO CUNQUEIRO: “ADEMAIS DO ESCANDALOSO SOBRECUSTO DE 470 MILLÓNS, HOUBO CONFLITO DE INTERESES NA SÚA FISCALIZACIÓN”

 

A deputada socialista denuncia a ocultación de vínculos empresariais clave por parte do conselleiro do Consello de Contas designado polo PP, Tomás Pérez Vidal, que se encargaba de fiscalizar ao Sergas

 

Espinosa insistiu en que a xestión marcada pola opacidade é un modelo que sempre favorece a empresas próximas ao Partido Popular

 

 

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024. A deputada socialista Elena Espinosa denunciou hoxe, na Comisión de Investigación sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro, un caso flagrante de conflito de interese que evidencia o modus operandi do Partido Popular na xestión de recursos públicos. Espinosa revelou que Tomás Pérez Vidal, exconselleiro de Agricultura e expresidente do Parlamento de Galicia co PP, e que posteriormente foi nomeado conselleiro do Consello de Contas tamén polo PP, ocultou no currículo que aparecia colgado na web da institución a súa condición previa de conselleiro de Puentes y Calzadas, empresa integrante da UTE que obtivo a adxudicación do hospital.

 

Durante a comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro, Espinosa destacou que esta vinculación de Pérez Vidal, probada mediante documentos do Rexistro Mercantil, se mantivo ata 2020, ano no que foi cesado como conselleiro da compañía, pouco antes de asumir responsabilidades no Consello de Contas sobre asuntos relacionados co SERGAS. A deputada cuestionou a ocultación deliberada desta información no currículo, mentres si incluíu outros datos menos relevantes, e criticou a súa participación indirecta na fiscalización dun proxecto no que claramente tiña intereses vinculados. Ademais, lembrou que Pérez Vidal se ausentou voluntariamente da xuntanza na que o Consello de Contas aprobou o informe sobre o Álvaro Cunqueiro, recoñecendo implicitamente o seu conflito de interese.

 

Espinosa tamén puxo de manifesto que onte, durante a comparecencia de Manuel Enrique Nieto Rodiño, xerente da concesionaria dos servizos no sanitarios de Cunqueiro, este negou a existencia de vínculos como os de Pérez Vidal. Non obstante, a documentación presentada pola deputada evidencia o contrario, desmentindo as declaracións do comparecente e deixando ao descuberto a falta de veracidade nos argumentos esgrimidos para defender a xestión do proxecto.

 

Espinosa acusou o PP de tentar ocultar un informe —“era un segredo a voces”— que cualificou de demoledor e que reflicte as graves irregularidades na adxudicación e execución deste contrato público.

 

Segundo o informe do Consello de Contas, a fórmula de colaboración público-privada empregada para o proxecto supuxo un sobrecusto de case 500 millóns de euros, que recaeron directamente sobre as arcas públicas. Ademais, a deputada destacou que esta decisión se tomou sen realizar un estudo previo de viabilidade, o que demostra a improvisación e falta de rigor coas que o Goberno galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo, xestionou un dos contratos máis importantes da sanidade pública galega.

 

A falta de transparencia marcou todo o proceso de licitación, no que só participaron dúas empresas, das cales unha foi excluída ao non alcanzar a puntuación técnica mínima, garantindo que a UTE de Puentes y Calzadas fose a única adxudicataria. Espinosa tamén subliñou as modificacións arbitrarias realizadas tanto na superficie útil do hospital como no prazo concesional, que carecen de xustificación e parecen dirixidas exclusivamente a favorecer á empresa gañadora.

 

Estas prácticas completáronse coa inclusión no contrato de instalacións como os hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, onde non se levou a cabo ningunha actividade construtiva e cuxa incorporación non tiña respaldo legal, engadindo máis opacidade a un proceso xa de por si cuestionable.

 

No plano económico, a deputada denunciou que a fórmula escollida foi claramente ineficiente. O custo do contrato resultou moi superior ao de alternativas máis viables, que poderían ter alcanzado resultados similares cunha menor carga económica para a cidadanía. Ademais, os obxectivos previstos no proxecto non se cumpriron, destacando a drástica redución do número de camas respecto ás 2.000 inicialmente prometidas, quedando só en 1.366 no ano 2020.

 

Para Elena Espinosa, este caso exemplifica o modelo de xestión do PP, no que a defensa dos intereses das empresas próximas ao partido prevalece sobre o interese xeral. "O que vimos neste proxecto é unha manipulación deliberada das institucións públicas, un saqueo ás arcas galegas e unha burla aos cidadáns, que pagan máis por menos servizos. Non permitiremos que esta política opaca e clientelar siga marcando o futuro de Galicia", concluíu a deputada, esixindo de novo responsabilidades políticas inmediatas.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal