Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Gran cantidade de actos polo 25N da man Amnistía Internacional Galicia en toda a nosa comunidade

Información
21 Noviembre 2022 - Galicia 25201 votos - Correo electrónico - Imprimir

40 Aniversario AI VigoOs próximos días e semanas estarán cheos de actividades nas grandes cidades galegas para conmemorar a data do 25N. Vigo, Santiago de Compostela, Ourense, Ribeira, A Coruña ou Pontevedra aloxarán exposicións, performances e manifestacións da man don diferentes grupos de acción local da organización.

As últimas semanas do ano veñen cargadas de iniciativas de rúa promovidas polos grupos de Amnistía Internacional Galicia. A continuación indicámosvos os detalles de todas elas. Igualmente, atoparedes adxuntos os carteis e materiais gráficos de apoio dos mesmos:

1. QUE? Exposición “Mulleres en loita”: Un percorrido pola contaxiosa loita das mulleres que reivindican, desde distintos recantos do mundo, ter unha vida libre, sen discriminación nin violencia. Este itinerario consta de 8 paradas nas que descubriremos as inspiradoras historias de forza e coraxe construídas arredor da valentía, a natureza, a vivenda, a independencia, a violencia sexual e a seguridade.

ONDE? Facultade de Ciencias da educación e Traballo Social do Campus de Ourense.

CANDO? Ata o 30 de novembro. Dende o 1 de decembro a exposición trasládase á Biblioteca Pública Nós de Ourense.

 

2. QUE? Exposición “40 Aniversario Amnistía Internacional Vigo”. Celébranse catro décadas de actividade da organización en Vigo e a provincia de Pontevedra cunha exposición de fotografía e documentación sobre as actividades de defensa dos Dereitos Humanos que se veñen levando a cabo dende a organización local. Un percorrido pola historia mesma da cidade e o labor tan importante e ás veces pouco coñecido das organizacións de voluntariado e activismo local.

ONDE? Casa das Artes. Rúa Policarpo 15, Vigo.

CANDO? Do 22 de novembro ao 29 de xaneiro.

3. QUE? Celebración do Día Internacional da Infancia (20 de novembro) por parte de Amnistía Internacional Santiago. A acción componse da colocación de lonas con mensaxes en favor da educación infantil no mundo en dous centros escolares da cidade. Deste modo, esíxese que se cumpran os Dereitos dos Nenos e Nenas tal e como se recolle nos 54 artigos do tratado internacional aprobado pola ONU en 1989.

ONDE? IES Rosalía de Castro e Colexio Compañía de María (A Enseñanza) de Santiago de Compostela.

CANDO? Dende o 20 de novembro.

 

4. QUE? Acto en memoria das vítimas da violencia machista polo 25N. Amnistía Internacional Barbanza únese á Asociación de Mulleres en Acción para organizar unha xornada con diversas actividades reivindicativas coincidindo coa celebración do 25N. Contarán coa exposición fotográfica “Elas son a revolución” sobre a situación da muller en Afganistán, así como coa representación dunha performance sobre a temática da violencia machista.

ONDE? Praza do Concello de Ribeira.

CANDO? Venres 25 de novembro ás 19:30.

 

Asimesmo, os grupos locais de A Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo uniranse ás manifestacións que se están a convocar nas súas respectivas cidades para o 25N.

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal