Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

A Fiscalía europea anticorrupción ao Xulgado de Compostela investigar á Xunta por delitos de fraude de subvencións

Información
28 Noviembre 2024 - Indice corrupción sistémica de Galicia 251 votos - Correo electrónico - Imprimir
  • Conxo talla de arboredo 2A Fiscalía Europea Anticorrupción ven de notificar a Ecoloxistas en Acción da súa decisión de avocar as Dilixencias de Previas n.º 1342/24 do Xulgado de Instrucción n. º 2 de Santiago de Compostela relativas á investigación sobre os delitos de fraude de subvenciones y falsedad documental pola actuación da Xunta de Galicia no bosque do Banquete de Conxo.
  • A asociacion veciñal Conxo Aberto, tras unha reunión co director xeral de AXI, lamenta que a Xunta non propoña unha variante do trazado que realmente evite la afección ao bosque de ribeira do río Sar e ao ámbito do Mosteiro de Conxo.
  • Ecoloxistas en Acción personarase nas dilixencias abertas pola fiscalía europea anticorrupción para instar a que se decrete a paralización cautelar das obras, para evitar así danos irreparables ao ecosistema do río Sar.

A Fiscalía Europea Anticorrupción ven de notificar a Ecoloxistas en Acción da súa decisión de avocar as Dilixencias de Previas n.º 1342/24 do Xulgado de Instrucción n.º 2 de Santiago de Compostela relativas á investigación sobre os delitos de fraude de subvenciones y falsedad documental pola actuación da Xunta de Galicia no bosque do Banquete de Conxo.

A organización ecoloxistas denunciou a principios do verán, ante a Fiscalía europea anticorrupción, ao Goberno galego pola talla de árbores, movementos de terras e a apertura, non autorizada, dun vieiro dentro da área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo. As obras denunciadas pertencen ao denominado "Eixo de Mobilidade Sostible’, no treito entre Milladoiro e Compostela, ao seu paso por Conxo.

Ecoloxistas en Acción denunciaba, a principios do verán, ante a fiscalía europea que esta actuación da Xunta invade a área delimitada na que está realizándose o proxecto "Eco-Bosque Rio Sar" promovido polo concello de Santiago de Compostela co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). Este proxecto está financiado tamén dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de la Unión Europea e promove a recuperación ambiental do ecosistema fluvial do "Bosque do Banquete de Conxo", rexenerando as riberas do río, eliminando especies invasoras e restaurando espazos que aumenten a biodiversidade da zona.

Por iso, desde Ecoloxistas en Acción trasladaron tanto á Xustiza española como á  fiscalía europea que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia incumpre os principios de boa xestión financieira que deben rexir o destino dos fondos europeos, ao "sepultar" coa súa actuación un proxecto posto en marcha con anterioridade. 

“O acto administrativo de ordenar o inicio das obras a sabendas que se aparta do esixido por Patrimonio podería ser constitutivo dun delito de prevaricación administrativa. Ademais de comportar a perpetración dun delito contra o patrimonio histórico artístico, cultural e monumental, específicamente contra o patrimonio da humanidade”, denuncia Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

A asociación veciñal Conxo Aberto, que ven de reunirse co director xeral de AXI, denuncia que a Xunta négase a buscar unha variante do trazado que realmente evite a afección ao bosque de ribeira do río Sar e ao ámbito do Mosteiro de Conxo. Xunto co Ecoloxistas en Acción sinalan que a última proposta de trazado da Xunta é unha burla a cidadanía, xa que non evita os impactos ambientais máis graves.

As obras do proxecto “Eixo de Mobilidade Sostible'” no treito de Milladoiro a Compostela ao seu paso por Conxo seguen a ser unha urbanización dura dun espazo de alto valor natural, xa que ten previsto hormigonar, levantar escolleras, asfaltar e iluminar na ribeira do río Sar”, declara Luciano Villar, voceiro de Conxo Aberto.

Ecoloxistas en Acción personarase nas dilixencias abertas pola fiscalía europea anticorrupción para instar a que se decrete a paralización cautelar das obras, para evitar así danos irreparables ao ecosistema do río Sar. Mentres non se decreta a paralización das obras demandan aá Xunta de Galicia que non continúe destrozando o bosque de ribeira do río Sar.

social youtube xornalgalicia   feed-image