A macrocelulosa de Altri-Greenalia destruiría milleiros de postos de traballo relacionados ca produción alimentar

Información
09 Abril 2024 - Indice corrupción sistémica de Galicia - 606 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Beatriz Mato Otero "Directora de Grenalia" Exconselleira Medioambiente por  el PP, montó unas tramas en el IGAPE de vinculos descomunales para  delinquir.Elaboramos alegacións específicas por mor do forte impacto que tería a macrocelulosa Altri-Greenalia na produción de alimentos

Milleiros de postos de traballo e millóns de inversión pública perigarían no caso de ser levado adiante este complexo industrial

Compostela, 9 de Abril 2024. Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) consideramos unha falta de respecto o argumento da creación de postos de traballo esgrimida pola Xunta de Galicia para xustificar ante a opinión pública o seu apoio á macrocelulosa proxectada polas empresas Altri e Greenalia en Palas de Rei, como se esta ocupación dunha superficie directa de 366 hectáreas para a súa industrialización e acaparamento forestal, o gasto de 46 millóns de litros de auga diarios ou a choiva ácida foran ter lugar nunha zona deserta onde non hai ningún tipo de actividade.

Torcuato Teixeira "·mercenario político" de Mar Sánchez Sierra y Rosa  Quintana para hacerse con el control de los fondos Nex Generatión de las  eólicas marinas.

Aliás da calidade de vida e saúde da poboación en xeral, de ser construída esta fábrica a afectación máis importante recaerá sobre as actividades que están ligadas á terra, principalmente na agricultura e a gandería. A día de hoxe, na contorna de 30km de afectación mínima desta industria hai máis de 5.000 granxas produtoras de alimentos.

De feito, precisamente nos catro concellos principalmente afectados temos unha importante produción agraria, sumando un total de 758 granxas con distintas orientacións productivas. Os concellos de Palas, Melide, Santiso e Agolada teñen 258 granxas que poducen 82.193.664 litros de leite/ano, por poñer un exemplo.

Podemos observar a súa correspondencia na significativa porcentaxe de persoas afiliadas á seguridade social agraria respecto do total en Palas de Rei ( 24,85%), Santiso (29,87 %) e Agolada (21,83%). Estes tres concellos e Melide suman un total de case mil altas na seguridade social agraria (989), ao que habería que engadir os centos de empregos indirectos, tales como os servizos veterinarios, os talleres de reparación específica, as tendas especializadas...

Se ilustramos estes datos, vemos ademais unha marcada presenza de produción alimentaria de calidade destacada, acollendo 23 proxectos proxectos ecolóxicos, algúns deles referencia para toda Galiza. Melide é ademais a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa Ulloa. Entre os catro concellos suman un total de 4 queixarías acollidas a esta DOP, o que significa que un número elevado de ganderías de leite destes concellos e dos limítrofes están tamén na DOP Arzúa Ulloa. A Denominación de Orixe Protexida Queixo de Tetilla tamén ten nestes catro concellos dúas queixerías rexistradas na DOP.

Respecto da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, dos 82 envasadores rexistrados que hai no noso territorio, 10 deles están nos concellos de Lalín, Vila de Cruces, Chantada, Taboada e Arzúa, todos na contorna próxima do proxecto. Sitúase tamén a cooperativa Erica Mel que conta con máis de 250 socios e é un importante actor no sector do mel na Galiza.

Outra cuestión que afectaría de xeito directo aos postos de traballo xa existentes nos concellos afectados por este proxecto, condicionando moi negativamente a posibilidade de incrementar a produción de alimentos sería o agravamento da problemática da carencia de Superficie Agraria Útil: Galiza é o territorio con menor SAU de todo o Estado, só un 21%, fronte á media estatal do 45,8%.

Os concellos ameazados por Altri-Greenalia están xa a día de hoxe particularmente afectados pola diminución de Superficie Agraria Útil posto que o destino dunha alta porcentaxe das terras é a forestación, principalmente con eucaliptos, cuxo monocultivo veríase intensificado de ser instalada esta macrocelulosa.

Na Agolada a porcentaxe de superficie forestal é xa maioritaria ( 68,11%), presentando polo tanto o menor número de has. como superficies de cultivo e prado ( 25,88%) dos catro concellos. Palas de Rei tamén ten unha maioría de superficie forestal (53,67%) e tan só un 39,09 % de superficies de cultivo e prado. Santiso ten un 44,28 % de superficie forestal total e un 38,24 % de superficies de cultivo e prado. Melide ten un 45% de superficie forestal total e un 41,85% de superficies de cultivo e prado.

Lonxe de establecer mecanismos para reverter esta situación de perda de SAU no noso territorio, é alarmante que a Xunta de Galicia estea a valorar a aprobación dunha macrocelulosa que incrementaría o número de novas plantacións de eucalipto, aumentando a perda de superficie agraria útil, a perda de biodiversidade dos bosques e o cambio de modelo productivo no ámbito forestal, o risco de sobreexplotación para os acuíferos e zonas húmidas e agravaría o risco de incendios forestais”, analiza a Responsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG-CCLL, Margarida Prieto Ledo.

Por outra banda, hai concellos como o de Santiso e Agolada que teñen a maior parte da superficie agraria concentrada -no caso de Santiso practicamente o 100% e en Agolada máis do 50%-, nos que se leva invertido moito diñeiro público en levar adiante a reorganización da propiedade para viabilizar as explotacións agrogandeiras, ademais dos plans de millora e incorporacións. “Ese investimento perderíase ao vérense afectadas as condicións para a produción de alimentos nos concellos afectados -advirte Prieto-. E a maiores temos casos como o de Santiso, polo que atravesarían parte das infraestructuras da macrocelulosa. A captación dende o encoro ao longo de fincas de concentración faríaas na súa maior parte inservibles nas parroquias de Santa Maria de Barazón (608 ha) e Arcediago – Rairiz (754 ha), e a liña electrica de suministro iría pola concentración Monte Grande de Vimianzo.”

Estes milleiros de postos de traballo vinculados á produción de alimentos en base a granxas de carácter familiar, están vinculados á realización de actividades que procuran unha sostenibilidade medioambiental, un modelo diametralmente oposto ao verquido diario de 30 millóns de litros de auga con substancias químicas ou a contaminación medioambiental nun radio de alomentos 40km que carrexaría o complexo industrial de Altri-Greenalia. De feito, as persoas que traballan nestas granxas, nestes servizos de atención ás mesmas, etc. viven na contorna onde desenvolven a súa actividade profesional, sendo actores esenciais do mantemento dun medio rural vivo e saudábel.

Que unha administración pública como a Xunta de Galicia dea o seu apoio a instalar unha macrocelulosa contaminante nunha contorna na que existe unha importante actividade de produción de alimentos, e na que ademais xa hai un grave problema de carencia de terras por mor da forestación intensiva é un claro exemplo de como unha institución se pon a traballar para os intereses privados dunha empresa pasando por riba dos dereitos da cidadanía”, conclúe a Responsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG-CCLL, Margarida Prieto Ledo.

Canda as alegacións xa presentadas contra o proxecto de Altri-Greenalia en Palas de Rei, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentará e pon a disposición da cidadanía alegacións específicamente dirixidas a sinalar o impacto que esta macroindustria tería na produción de alimentos.

Ademais facilitamos como punto de entrega de alegacións os nosos locais nos concellos de Arzúa, Melide, Compostela, Santa Comba, Ordes, Betanzos, Teixeiro, Moeche, Valdeorras, Ribadavia, Xinzo, Lugo, Sarria, Chantada, A Fonsagrada, As Nogais, Ribadeo, Lourenzá, Vilalba, Meira, A Estrada, Lalín, Ponteareas, O Rosal, Crecente e O Salnés, até este venres 12 de abril (o prazo de alegacións remata o 17 de abril).

Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Indice corrupción sistémica de Galicia
Visto: 606