Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O GRUPO SOCIALISTA SINALA QUE A XUNTA “FAVORECE A CORRUPCIÓN NA CONTRATACIÓN PÚBLICA”

Información
12 Abril 2023 - Indice corrupción sistémica de Galicia 2860 votos - Correo electrónico - Imprimir

Pablo Arangüena 120423 01Pablo Arangüena considera “escandaloso” que a Comisión evitara investigar o suposto reparto do mercado do transporte de viaxeiros por estrada cando o TSXG constata “indicios claros” de infracción

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023. O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, dixo hoxe que a sentenza do TSXG contra a actuación da Comisión Galega da Competencia -CGC- demostra que a Xunta “favorece a corrupción na contratación pública”. Arangüena levou hoxe ao Pleno do Parlamento unha pregunta pola actuación da Comisión, que segundo o alto tribunal galego, evitou investigar o suposto reparto do mercado do transporte de viaxeiros por estrada cando existían “indicios claros” de infracción.

 

O responsable socialista criticou que o goberno galego continúe “coa política do avestruz” logo de que o presidente da Xunta se amparara en que a CGC era “un órgano independente” cando os seus integrantes están nomeados pola Xunta de Galicia, e 2 dos 3 membros do pleno son ex deputados do PP. Retrucou que “tan pouco independente parece todo que un xulgado de Santiago abriu dilixencias contra o director xeral de Mobilidade da Xunta por presunta prevaricación”.

 

Arangüena acusou á Xunta e ao PP de converterse en “instrumento político das elites extractivas”, que “promoven en facilitan un capitalismo de amiguetes, permitindo que acaparen os concursos públicos sen vixiar nin sancionar e situando aos seus ex deputados nun órgano de control que non controla nada”. Censurou que grazas ao PP “infrinxir a competencia sae gratis en Galicia”, e provoca que “as empresas que vulneran a Lei triunfen e as que compren a Lei fracasen”.

 

Dixo que o goberno galego está a converter Galicia no “paraíso do amaño de concursos públicos”, e un “campo sementado para a corrupción” ao favorecer que “os seus amigos fagan negocietes a costa do erario público”. Resumiu que a CGC “arquivou indebidamente” a investigación habendo “indicios claros de corrupción”, segundo o TSXG, e “a infracción das leis de competencia é corrupción” e “non investigar nin sancionar é corrupción” que repercute en servizos públicos peores e máis caros para a cidadanía”.

social youtube xornalgalicia   feed-image