Información
Noticia destacada de Galicia

Xunta, a millor amiga de ENCE...

Información
Galicia 25 Abril 2019 2062 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Un artigo de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e experto en contaminación ambiental

ENCE está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores/as, na súa teima en defender a permanencia en Lourizán. Velaí algúns exemplos recentes e as razóns da defensa que a Xunta fai da pasteira:

Carta do conselleiro delegado de ENCE Ignacio de Colmenares

Carta publicada no “Faro de Vigo”, criticando á Presidenta da Deputación de Pontevedra por defender valores medioambientais e aplaudir a decisión do Goberno de renunciar á defensa da prórroga da concesión de ENCE en Pontevedra. O Conselleiro Delegado pon énfase nas bondades da factoría de Lourizán e nas distincións e etiquetas ecolóxicas que colecciona o complexo.
Claro, non podía ser doutra forma, Ignacio de Colmenares figura no “Informe Anual sobre Remuneraciones de los Consejeros de Sociedades Anónimas cotizadas” da Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV), recibindo de ENCE, só no ano 2018, un total de 1.345.000 euros e deles en metálico 1.103.000 euros (soldo 620.000 euros, retribución variable a curto prazo 429.000 euros, fixa 44.000 euros) a parte de remuneracións por sistemas de aforro de 218.000 euros/ano e 24.000 euros por outros conceptos. Sen contar ademais, noutros apartados, un plan de incentivos a longo prazo 2016-2018 -vinculados a obtención de obxectivos da sociedade- equivalente a  422.858 accións  con pago o 4 de xullo do 2019. Con estes ingresos non estraña que defenda a empresa?

 

Declaracións da conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez

Ángeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente declarou a SER que "non é ENCE quen contamina a ría" e di que teriamos que preguntarlle ao Concello de Pontevedra quen a contamina. Trata de desviar o tema afirmando que “ENCE cumpre as directrices europeas e todos os parámetros esixibles” sinala como responsábeis ao Concello e a depuradora. Afirma que non hai ningún parámetro alarmante en ENCE e “cumprindo con todos os parámetros estipulados non se contamina, e cando hai un cumprimento pode estar ubicada onde está". Non merece a pena lembrarlle a Conselleira que a Xunta no 2016 asinou un Pacto Ambiental con ENCE que contempla investimentos e proxectos asociados en melloras ambientais, pero un pregúntase  para que se fixo un Pacto Ambiental se ENCE non contamina?.

No Informe de Sostenibilidad de ENCE 2018 figura que pretende reducir no futuro o 40% o volume de vertido de auga -con contaminantes- a Ría de Pontevedra, tamén podemos preguntarnos para que necesita reducir o efluente si os 12,38 millóns de metros cúbicos de auga/ano vertidos non contaminan nada? e mesmo si a auga non é contaminante porque non a reutiliza permanentemente e así deixaría de coller do Río Lérez 14,77 millóns de metros cúbicos de auga?
Podiamos preguntarlle a Conselleira para que se vai pretender reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro ou os gases acidificantes ou os olores e partículas si ENCE cumpre coa lexislación como di?.

Para ela non parecen importar as emisións a atmosfera- ano 2018- de 589 toneladas de óxidos de nitróxeno, 172 toneladas de dióxido de xofre, 102.826 toneladas de dióxido de carbono, 142 toneladas de monóxido de carbono, 1,9 toneladas de sulfhídrico,132 toneladas de partículas cando no ano anterior foron 49 toneladas... Mesmo os indicadores de calidade do aire -referidos por ENCE- aprecia medias anuais de partículas nunha concentración de 15 microgramos por metro cúbico (m3) cando a Organización Mundial da Saúde propón- de momento aínda non obriga- un máximo de 10 microgramos/m3...

Non vou a explicar aquí que unha cousa é cumprir a lexislación e outra ben distinta a protección real da saúde eo medio ambiente. Non é o mesmo emitir estes contaminantes a varios kms de distancia que ás portas de Marín ou Pontevedra e nunha zona densamente poboada. Ainda consideradas dentro da lei, as emisións contaminarán algo, ou son totalmente inocuas?

Intereses e portas xiratorias entre o PP e ENCE

A razón da defensa de ENCE por parte da Xunta sen dúbida ten que ver coas portas xiratorias e os intereses particulares. O Partido Popular non é neutral neste tema, xa que dos 15 membros do Consello de ENCE, polo menos dous estiveron na alta dirección e foron altos cargos nese partido na época con mando de Fraga Iribarne, son:   
-Carlos del Álamo Jimenez, ex-Director Xeral de Conservación de la Naturaleza e Conselleiro de Medio Ambiente na Xunta de Galicia de 1997a 2003 e antes Director Xeral de Montes do 1990 ao 1996. Segundo información pública –CNMV- cobrou de ENCE no 2018 un total 104.000 euros (remuneración fixa 44.000 euros, dietas 22.000, por pertencente a comisións do Consello 35.000  euros e outros conceptos  3.000 euros).
-Isabel Tocino, ex Ministra de Medio Ambiente entre 1996 e 2000, cobrou no ano pasado de ENCE 110.000 euros (44.000 euros de remuneración, 24.000 dietas e 40.000 por pertencente ao Consello ademais de 2.000 noutros conceptos).

Escudos humanos

Aparte  da defensa que realiza o Conselleiro Delegado e a Xunta, ENCE xoga ao seu favor cun Informe recente realizado por encargo onde di demostrar que non existen emprazamentos en Galicia que reúnan as condicións técnicas, económicas e loxísticas necesarias (igual que fixera xa no 2006), informe xa criticado en Pontevedra.
Pero o que parece máis sorprendente e o incansábel movemento e mobilizacións dos traballadores e comités -fábrica e oficinas incluidos-para defender unha empresa privada. Facilmente deslócanse os traballadores a Vigo ou Madrid co obxectivo de presionar a Pedro Sánchez. Tamén resulta curioso e incríbel o posicionamento das cofradias quizáis agradecidas a ENCE por diversos motivos ou promesas ocultas.
Pensei sempre que os que viven do mar debian defender os recursos naturais e a riqueza que de aqui obteñen e que  os traballadores das empresas tiñan que defender o posto de traballo e as melloras económicas, sociais  e ambientais tanto dentro como fora da empresa. Pero hoxe o seu papel non se dirixe a axudar a buscar solucións, senon a torpedealas, as movilizacións que realizan os traballadores non contan cos membros do Consello da factoría que non están nin se lles espera, e ENCE fai tempo que deixou de ser unha empresa pública. Nestes tempos os empresarios non necesitan dar a cara para defender as empresas, pois xa se encargan os traballadores e a Xunta.

Ramón Varela Díaz, ex-presidente de ADEGA e experto en contaminación ambiental

Ligazóns

Novas relacionadas

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+