Información
Noticia destacada de Galicia

O Goberno do PPdeG liderado por Feijóo na Xunta mostra Inquina e desatención sanitaria contra os veciños/as do Salnés

Información
Galicia 06 Mayo 2019 973 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe a “inquina e desatención voluntaria por parte da Xunta no eido sanitario” contra a comarca do Salnés e sinaladamente contra Vilagarcía de Arousa. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei que incluía o compromiso de facer o novo Centro de Saúde na antiga Comandancia de Marina e confirmar a ambulancia con soporte vital avanzado durante todo o ano, que foi rexeitada polo PP.

 

Torrado desafiou ao goberno galego a “poñer no papel” o seu compromiso para construír o inmoble no solar da Comandancia de Marina en canto o Concello dispoña do terreo “libre de cargas e de edificacións”. O parlamentario arousán esixiulle hoxe á Xunta que “abra canles de diálogo” con Ravella e dixo que Sanidade “non fai porque non quere” un novo Centro de Saúde que substitúa ao actual edificio, que supera os 40 anos.

O responsable socialista acusou ao PP de bloquear deliberadamente a construción do novo Centro de Saúde nun lugar “idóneo”, que é o que hoxe ocupa a Comandancia de Marina, utilizando o Porto, titular dos terreos, como “ariete contra o Concello”.

Acusou ao PP de “prometer moi ben pero cumprir moi mal”, logo de que antes das eleccións anunciaran unha nova ambulancia medicalizada que “despois do domingo soubemos que non era certo”. Torrado sinalou que “non van poñer unha nova, van quitar unha para cambiar por outra que vai ser o mesmo vehículo con outra dotación” e afeoulle ao PP o seu veto á proposta que pedía unha “ambulancia de soporte vital avanzado durante todo o ano” sen perder servizos.

O Salnés

Julio Torrado afeoulle ao PP a “soberbia” coa que lle ten respondido ás demandas sanitarias para toda a comarca do Salnés, mentres en Meaño hai un único médico que atende a ata 60 pacientes ao día, Catoira vén de perder ao seu pediatra, “marean” ao Centro de Saúde de Cambados, ou fan ouvidos xordos diante da necesidade urxente dun novo Centro de Saúde para O Grove.

O parlamentario socialista censurou ademais a chapuza da Consellería de Sanidade no Centro de Saúde de A Illa, onde logo de rexeitar facer nu novo inmoble, fixeron caso omiso dos avisos diante das obras de reforma do edificio actual, que agora ten que soportar “por exemplo un ascensor no que non caben as camillas”.

Na proposta presentada hoxe polos socialistas galegos incluían ademais un catálogo de servizos básicos que recolla os servizos que o propio Sergas anuncia que ten xa nos hospitais comarcais, e dotar en concreto ao Hospital do Salnés dun plan de contratación de persoal e de incremento de recusos materiais.

Incluía o novo Centro de Saúde para O Grove, así como garantir a cobertura de substitucións dos profesionais de atención primaria, coa contratación extraordinaria dos profesoinais en listas de substitución e dos recentes titulados MIR “para cubrir as necesidades demandadas polos profesionais”.

Otros articulos relacionados.....