Información
Noticia destacada de Galicia

Pepe Gotera e Otilio: unha chapuza eleitoral

Información
Galicia 22 Mayo 2019 2164 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


Pepe Gotera e Otilio chapuzas a domicilio,-  Agora co paso do tempo e coa debida tranquilidade, podemos analizar o que pasou no proceso eleitoral do persoal funcionario en servizos centrais. O caso é que a actitude e responsabilidade do subdirector xeral de réxime xurídico da Dirección Xeral da Función Pública ( CARGOD E CONFIANZA DO PPdeGALICIA) deixou moito que desexar en canto a facilitar o execicio do dereito nas votacións e fomentar a participación.

Xa dende un primeiro momento houbo bastantes dúbidas e problemática de onde se ían colocar as mesas, ou se habería ou non buses para o persoal pero todo se precipitou a semana das eleccións e o mesmo día eleitoral. Fallos clamorosos foron:
- A primeira vez que nas eleccións se presenta o mesmo candidato en dúas listas: A administración é a garante última da xestión do proceso; pero parece que non repasou nen as candidaturas. A CIG esixiu a reimpresión das papeletas, pero nin contestaron.
- A mesa coordinadora pasou de ser a mesa nº1 á nº 2 sen coñecemento das organizacións sindicais.
- No mesmo día das eleccións púxose en cuestión a hora de remate do proceso.
- A mesa itinerante non sabía en que locais ía ser as votacións; así a media mañán do día das eleccións nos chegou un correo no que a tradicional votación de Salgueiriños pasaba da rúa Irmandiños a APLU. De feito, neste mesa houbo un follón adicional pois parte do persoal da AMTEGA votaba nesta mesa e parte na de Presidencia.

- Cambios dos lugares de votacións das mesas a última hora e falta de publicidade da súa localización.

- Organización das mesas que no lugar de facilitar as votacións por proximidade ao persoal, facilitou á Administración o traballo de elaboración dos censos.

- A falta de eficiencia do bus circular para achegar a xente as súas mesas de votacións; a Administración mostrouse inflexible en mudar as paradas e percorridos.

- Mentres a CIG debía adscribir cada persoa interventora a unha concreta mesa, outras candidaturas puideron ter interventores/as nomeados/as sen mesa concreta adscrita.

Todo esto e algunha cousa máis que queda no tinteiro nos recorda aos tebeos de Pepe Gotera e Otilio, onde calquer obra remataba peor do comezado. Aínda que temos que decir que o tono do tebeo era máis amable que o tono das reunións con Función Pública. Cremos que debe repartirse racións gratuítas de All Bran por ese departamento.

A CIG gañou as eleccións e gañounas ben, pero eso non vai facer que esquecezamos esta chapuza que esperemos non se repita e da que achegaremos queixa formal ao conselleiro de Facenda, como responsable último destes procesos, co ánimo de mellorar.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+