Información
Noticia destacada de Galicia

Un seminario internacional e unha exposición de fotos de Plácido Castro tenden pontes entre Galicia e Irlanda

Información
Galicia 18 Junio 2019 1182 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O venres 21 de xuño inaugurarase na sala Rivas Briones a exposición “A Irlanda de Plácido Castro”, que reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en catro seccións (xentes, vida, patrimonio e paisaxe), as fotografías constitúen un vivo testemuño de gran interese, especialmente as relativas ás illas Blasket.

A mostra complementarase con diversos paneis e obxectos relativos á vida, obra e pensamento de Plácido Castro, incluíndo pezas únicas que actualmente están en poder da familia, cedidas expresamente para a ocasión. Tamén se recollen escolmas da obra publicada en 2013 pola Fundación sobre as colaboracións xornalísticas que Plácido publicou no diario El Pueblo Gallego como parte da súa crónica sobre Irlanda.

O 25 de xuño analizarase a viaxe de Plácido polo país celta no contexto das relacións entre Galicia e Irlanda nun seminario no que participarán David Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin' da Universidade da Coruña; Keith Payne, crítico e tradutor, Lector de Inglés na Universidade de Vigo; Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, doutor en Historia Contemporánea e profesor na Universidade da Coruña; ou Manuela Palacios, Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela.


As iniciativas contan co apoio da Embaixada de Irlanda en España, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....