Tres recursos contencioso-administrativos no TSXG contra tres parques eólicos da empresa da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato

Información
Noticia destacada | 20 Enero 2022 | 621 Votos | Correo electrónico | Imprimir

mato feijoo knOF 620x349Comunicado no que dan conta da presentación de tres recursos contencioso-administrativos no TSXG contra tres parques eólicos da empresa da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e que foron aprobados recentemente pola Xunta. Trátase dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural, que son paradigma de fragmentación ambiental e que afectan gravemente a zonas propostas na ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza e a especies endémicas únicas en Europa.

 

Estes contenciosos son os primeiros que se presentan en Galiza con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, entre cuxas entidades promotoras se atopa ADEGA, e que se recadou a través de micromecenado ou crowfunding para as accións legais contra a invasión eólica nos territorios da Cordilleira Cantábrica (https://fdjcc/gal).

social youtube xornalgalicia   feed-image