OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA AUDITORÍA EXTERNA SOBRE O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE HELICÓPTEROS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS POLA QUE ESTÁ INVESTIGADO O DIRECTOR XERAL DE ORDENACIÓN FORESTAL
OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA AUDITORÍA EXTERNA SOBRE O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE HELICÓPTEROS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS POLA QUE ESTÁ INVESTIGADO O DIRECTOR XERAL DE ORDENACIÓN FORESTAL
Información
22 Noviembre 201710433 votos - Registrate para votar
O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe á conselleira do Medio Rural unha auditoría externa sobre o proceso de contratación de helicópteros contra incendios nas campañas 2011, 12 e 13. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno galego que tivo lugar no Pleno celebrado hoxe.
O responsable socialista advertiu que aquel proceso de contratación foi denunciado en 2012, e foi sinalado polo Consello de Contas por realizarse sen respectar os principios de publicidade e transparencia, o que activou unha investigación xudicial sobre o actual director xeral de Ordenación Forestal e outros ex altos cargos
Quiroga apunta que “o seu modus operandi confirma unha dinámica de mala xestión, como reitera o propio Consello de Contas, e revela actuacións presididas pola improvisacións con consecuencias nefastas para as arcas públicas, unha práctica reiterada, como se veu de constatar na vaga de lumes de outubro”.
Os socialistas galegos sinalaron a súa “perplexidade” ante un proceso de contratación que, de acordo coa Fiscalía, foi iniciado por unha memoria de Medio Rural de maio de 2012 por un importe de máis de 25 millóns de euros.
Mentres, sinala, “o Ministerio público asegura que non consta a tramitación de ningún expediente administrativo e, por outra banda, o presidente da Xunta di que cremos que as cousas se fixeron correctas, ou eso é o que di a Asesoría Xurídica”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA AUDITORÍA EXTERNA SOBRE O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE HELICÓPTEROS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS POLA QUE ESTÁ INVESTIGADO O DIRECTOR XERAL DE ORDENACIÓN FORESTAL
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)