Os socialistas dubreses promoven a defensa do servizo de pediatría no Parlamento galego
Os socialistas dubreses promoven a defensa do servizo de pediatría no Parlamento galego
Información
01 Junio 20184826 votos - Registrate para votar
O responsable do PSdeG de Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez, destacou que “é preciso defender dende o eido local un servizo de pediatría de calidade e alzar a voz contra os retallos que están a sufrir a rapazada dubresa e na súa sanidade”. Á xuntaza acudiu a deputada galega Begoña Rodríguez e o deputado Antonio Leira, que aproveitaron para manifestar o seu apoio ás reivindicacións formuladas polas nais e pais.
Val do Dubra, 1 de xuño de 2018
O PSdeG de Val do Dubra, convocou o pasado xoves día 31 de maio, na Casa da Cultura, ás veciñas e veciños a unha charla informativa onde analizaron a situación do seu servizo de pediatría, que nos últimos anos viuse mermado e sofre graves deficiencias, xa que foi reducido a un horario escaso para a atención de toda a rapazada dubresa, chegando incluso a non prestarse en multitude de ocasións ao ser un servizo compartido co centro de saúde de Vite do concello compostelano.
Ao acto, asistiu o responsable do partido en Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez, o deputado e coordenador comarcal Antonio Leira e a deputada galega Begoña Rodríguez, que se comprometiu a presentar nos vindeiros días unha iniciativa no parlamento para tentar recuperar un servizo de pediatría digno para as nenas e nenos dubreses.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)