Información
Noticia destacada de Galicia

O Dolmen de Leira de Rapada, achado de Vilatán sae do mundo dos tempos perdidos a través do Blog afragadosmouros

Información
Galicia 16 Junio 2018 1258 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Fai somentes uns días, a miña amiga e compañeira Mónica Gil, coñecedora das miñas viaxes na procura das xoias milenarias que se perden polos montes do noso país e fiel seguidora desta fraga, tivo a ben informarme dunha nova, publicada a finais do pasado mes de febreiro polo xornal La Voz de Galicia, que chamaría fortemente a miña atención. Ó parecer, no concello lugués de O Saviñao, acababa de ser achado un dolmen totalmente descoñecido até o de agora, e polo tanto sen catalogar, que ficaría na Leira da Rapada, no tamén coñecido lugar de A Filgueira, na parroquia de San Xoán de Vilatán. O dolmen foi achado polo  arqueólogo Iván Álvarez Merayo e un veciño do lugar, e acaba de ser inventariado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Como non podía ser doutro xeito, tratei de procurar a localización deste dolmen e non dubidei en achegarme até O Saviñao para coñecelo e retratalo. 


Aproveitei esta solleira fin de semana para, xunto ás miñas compañeiras de traballo e de viaxes Mónica e Anabela,  tratar de achegarnos até aquel descoñecido e recente achado megalítico. Viaxamos pois cara a Comarca de Lemos, i en concreto até o Concello de O Saviñao. Neste mesmo concello lugués xa tiveramos a sorte de coñecer lugares fascinantes ateigados de historia e de natureza, como A Torre da Candaira, a Praia Fluvial da Cova ou o meandro de Cabo do Mundo. Non tiñamos moi claro como chegar até o dolmen procurado. Sabiamos que ficaría nunha carballeira coñecida como A Leira de Rapada e na parroquia de Vilatán, pero descoñeciamos a localización concreta e mesmo o vieiro polo que comezar a nosa busca. Non sería unha tarefa doada, e o certo é que tiñamos serias dúbidas de sermos capaces de dar con este importante achado. 
 
 
Dende Escairón collemos rumbo cara a parroquia de San Xoán de Vilatán. Ao chegar a este lugar, atopamos un cartel de madeira do que penduraban dúas follas de xornais onde puidemos ler a mesma nova que uns días antes me pasara Mónica; a do achado de Leira de Rapada. Sabiamos que estabamos moi preto do dolmen, mais aínda tiñamos por diante dar coa Leira de Rapada. Namentres percorriámolo lugar topamos cun veciño, e coas súas vacas, e preguntámoslle se sabería indicarnos cómo chegar até a Leira de Rapada. O señor díxonos que debiamos dirixirnos cara o alto do lugar e coller un vieiro á dereita. Así fixemos, mais logo de atravesar o vieiro que nos indicara, aínda non tiñamos claro por onde comezar a nosa busca. De súpeto, coma un agasallo do destino, apareceu ante nós unha veciña do lugar que viña de camiñar. Non dubidamos nin un intre en abordala e preguntarlle se coñecía aquel descoñecido dolmen, aquel recente achado de Vilatán. 
 
 
Aquela señora, veciña desta parroquia de Vilatán, chámase Mariluz Novo, e dende eiquí quero agradecerlle de xeito especial a súa amabilidade, a súa bondade e o feito de ter perdido o seu tempo en axudarnos. Mariluz coñecía perfectamente o achado de Leira de Rapada, o dolmen do que lle estabamos a falar, e non somentes nos indicou o lugar senón que nos guiou e acompañou até alí. Estareille sempre agradecido a esta muller, non somentes polo feito de guiarnos até o dolmen, senón por demostrarnos que aínda quedan bos e xenerosos no noso país. Internámonos na Leira de Rapada por un vieiro enlamado que semellaba descender cara unha poboada carballeira. Mariluz mantiña un paso áxil, acostumada a pisar estes vieiros, a percorrer estas súas terras. Seguímola de preto, tratando de imitar a destreza dos seus pasos polos esgrevios vieiros de lama, pedras e reigames que conducen até a Leira de Rapada.
 
 
Chegamos á Leira de Rapada case sen decatarnos, asombrados pola beleza do lugar, aínda a pesares de estarmos en inverno e de toparnos esta carballeira núa de follaxes. Ao noso redor somentes se albiscan centos de troncos e ramaxes de garridos carballos que emerxen deste intricado terreo. En canto Mariluz freou o seu paso, decateime que estabamos xa a escasos metros do dolmen que procurabamos. Aquela boa muller sinalizou co seu dedo índice unha monumental rocha que ficaba ladeira abaixo do camiño, pero moi preto de nós. Despedímonos de Mariluz Novo, desta nobre veciña de Vilatán, e descendemos cheos de curiosidade até aquel enorme conxunto de pedras. Á fin estabamos a carón do último dolmen achado no noso país, ante outro monumento megalítico que até o de agora ficaba esquecido e sen catalogar, somerxido baixo un mesto manto de musgo, desapercibido incluso para os propios veciños do lugar. 
 
 
Achegámonos até este dolmen, aínda sen nome, pola súa parte traseira. Comezamos a descender a ladeira desta carballeira máxica ollando as xigantescas moles graníticas, as impresionantes dimensións da súa laxe de cubrición. Resulta incrible que chegásemos até este dolmen somentes uns poucos días despois de ser descuberto, e gozar desta paraxe natural virxe sen albiscar aínda as pegadas do ser humano. Retratamos cada unha das caras deste monumento funerario dos galegos primitivos. Por estas terras luguesas non é frecuente atopar este tipo de estruturas megalíticas coas laxes espidas, e menos aínda que conserven a anta de cubrición. Nas nosas últimas viaxes polas verdescentes terras da Provincia de Lugo, tiveramos ocasión de coñecer dous importantes dolmens, o de Roza das Modias e o da Moruxosa. Somentes o segundo conserva a laxe de cubrición. 
 
 
Este Concello de O Saviñao ten o privilexio de atesourar, amais deste de Leira de Rapada, outro importante dolmen; o de Abuíme, que tampouco conserva a susodita laxe de cubrición e que trataremos de visitar máis pronto que tarde. Non tivemos ningún problema para movernos por esta carballeira, a Leira de Rapada ficaba limpa de maleza, aínda a pesares de ser este un universo de carballos que nacen ceibos, sen respectar ningún tipo de ringleira trazada polos homes. As enormes dimensións de cada unha das pezas deste dolmen fannos sentir ananos. Resulta complexo coñecer con certeza o momento no que se puido ter erixido este monumento prehistórico. Segundo o arqueólogo que achou este xacemento, Iván Álvarez Merayo, sería imprescindible levar a cabo unha escavación arqueolóxica para precisar a súa orixe. 
 
 
Recentemente descubríronse tamén, baixo un manto de musgo que ficaba sobre da laxe de cubrición, dous grandes petróglifos onde semellan representarse unha serie de círculos concéntricos. Tratamos de achar estes petróglifos, mais non resulta sinxelo. Os gravados son difíciles de percibir e somentes puidemos achar algún suco curvo e illado. Despois de coñecer este último achado, estoutro dolmen do Saviñao, decidimos deixar tras de nós a fascinante Leira de Rapada, esta carballeira máxica, para coñecer agora o outro gran tesouro milenario que aínda conserva este concello; o Dolmen de Abuíme. Foi unha auténtica experiencia internarse nesta carballeira, coñecer este dolmen recentemente descuberto, e a unha veciña tan amable como Mariluz. Somentes nos resta desexarlle a este dolmen todo o recoñecemento que até o de agora non tivo, e que a pegada humana que lle agarda non bote a perder o valor e a maxia que se respira nesta carballeira de Leira de Rapada.
 
 
"Acostumado a tomar
Valium 10
Prefiro estar no cimo da mámoa
Lucíndome
Coa fereza dun gato montés
Berrando por ti ó abismo
Conforme ás mensuras das
Túas falsas promesas".
Manuel Catoira, Hóspede do Rif
 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida..

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+