Información
Noticia destacada de Galicia

OS SOCIALISTAS ABANDONAN O “TEATRO” DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN “ELECTORAL” POLO ACCIDENTE DO MARISQUIÑO no que esta IMPLICADO DIRECTAMENTE LÓPEZ VEIGA ALTO CARGO DO PPDEG

Información
Galicia 31 Octubre 2018 1109 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Investigación do accidente do Marisquiño, Abel Losada, anunciou hoxe o abandono dos socialistas do dito órgano para “non participar do intento de control político do Concello e da Alcaldía” dende a Cámara autonómica. Lembrou que o Parlamento autonómico carece de competencias no sinistro que ademais, apuntou, xa está sendo investigado polo Xulgado.

 

Losada fixo este anuncio xunto coa outra representante dos socialistas na Comisión, Patricia Vilán, e explicou a súa renuncia a “contribuír á cerimonia da confusión, á mascarada e teatrillo artellado por grupos parlamentarios sen representación no Concello de Vigo que intentan trasladar ao Parlamento o que a cidadanía non lle deixa” polos seus resultados “mediocres”.

Advertiu que “as conclusións xa están escritas” de antemán polos “coguionistas” do BNG e En Marea, en conivencia co PP, que logo de absterse na constitución do órgano agora se teña revelado como “factótum”.  Sinalou que o Parlamento “a quen ten que fiscalizar é ao goberno galego”, polo que tildou de “insultante” o plan de traballo presentado polo PP que só inclúe ao director xeral de Emerxencias e ao delegado na cidade como cargos dependentes da Xunta.

Lamentou que o Grupo de En Marea teña cualificado de “vergoñentos” os vetos do PP nas normas de funcionamento e o plan de traballo da Comisión, un feito que “tiñan que ter pensado antes de presentar a proposta de Comisión de Investigación”. Agora non cabe sorprenderse, sinalou, de que o PP non queira que as conclusións requiran de maioría reforzada, impedindo que teñan que contar coa oposición, ou que utilicen a maioría absoluta como un “rodillo”.

Abel Losada sinalou que a intención electoral do PP con este órgano foi evidenciada cando a súa portavoz no Concello, Elena Muñoz, dixo que “o alcalde fixo todo o posible para que o accidente se producira”, ou o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, aludiu ao alcalde como “o ditador ese, o xefiño que case mata a 400 persoas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+