Información
Noticia destacada de Galicia

OS SOCIALISTAS ABANDONAN A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DA SANIDADE POLOS VETOS DO PP QUE “EVIDENCIAN QUE TEÑEN ALGO QUE OCULTAR”

Información
Galicia 31 Octubre 2018 456 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Grupo Socialista abandonou hoxe a Comisión de Investigación dos recortes na sanidade polo veto do PP ás propostas de comparecencias presentadas pola oposición. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou que o PP “ten algo que ocultar” por exemplo no caso do falecemento dun paciente no PAC da Estrada.

Explicou que o grupo maioritario negou de forma explícita solicitudes que, dixo, “evidencian o acerto” do plan de traballo proposto hoxe de forma conxunta pola oposición porque “ían dicir cousas que deixarían bastante mal a versión oficial” da Xunta sobre o sucedido na Estrada. Tanto o conselleiro de Sanidade como o propio Feijóo dixeran no seu momento que o PAC quedara desasistido polo erro dun médico que se presentara nun destino diferente.

 

Criticou que “o PP prefire saír ben do Parlamento” -impedindo comparecencias que poñerían en evidencia que “as cousas que dixo o conselleiro, e algún enriba del, eran mentira”- antes que resolver “problemas sanitarios de consecuencias graves”. Advertiu así que “non podemos investigar a situación da Estrada sen a presenza dos responsables do PAC, non podemos tratar a situación da hepatite C sen os afectados, ou os recortes nos PACs sen a xente dos PACs”.

Tamén lamentou o veto aos informes solicitados pola oposición, chegando a que “se limiten a pedir as conclusións do informe realizado no PAC da Estrada, pero non queiran pedir o informe completo”, e pretendan “pedir a comparecencia do Colexio Xeral de Médicos de España pero non o de Galicia”. Acusou ao PP de “trampear a democracia” e “montar un desafortunado circo” na Comisión para “impoñer o seu relato esquecendo situacións dramáticas fatais”.

Julio Torrado denunciou que o PP se presente a unha Comisión de Investigación activada polos grupos da oposición utilizando a proposta de plan de traballo “como un buffet ao que chega e colle o que quere”. Criticou que se teña presentado “entrenado e mecanizado para chegar ata aquí” a costa de “sentar un precedente desastroso”.

O responsable socialista chamara previamente a realizar “tódolos esforzos posibles” para conformar unha Comisión que “non fora a Comisión do goberno, do PP, nin tan sequera da oposición, senón un instrumento común no que estivéramos todos representados e que comprometera a todos nas súas conclusións”.

Otros articulos relacionados.....