Información
Noticia destacada de Galicia

A subida das peaxes da AP-9 e do tren de cercanías son un abuso e "un roubo a man armada".

Información
Galicia 03 Enero 2019 932 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto; Galipress.  Todos son membros do PPdeG jactándose de favorecer aos empresarios de Autopistas cos cartos públicos.

En relación as peaxes das autoestradas, o Bloque salienta que mentres a media das peaxes estatais subirán o 1,67%, a AP-9 rexistrará un incremento do 3,51%.

Un roubo a man armada que sitúa Galiza coas peaxes máis caras do Estado e de Europa mentres mantemos os salarios máis baixos”, salienta a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil.

 

BNG trasladará ao Parlamento os abusivos incrementos do transporte en Galiza moi en concreto nas autoestradas e nos servizos ferroviarios de cercanías que, no caso do AVANT, alcanza categoría de estafa para Ourense.  A formación nacionalista anuncia iniciativas na Cámara para e exixir ao Goberno de Feixóo que defenda os intereses das galegas e dos galegos, tanto no caso da AP9 como do servizo que presta o tren avant, que afecta sobre todo á comunicación ferroviaria de Ourense con Santiago e A Coruña.

“É inadmisible que AUDASA siga engordando os seus beneficios a costa dos milleiros de galegas e galegos que usan diariamente esta infraestrutura sen ter outra alternativa rápida e segura libre de peaxes”, recalca. O incremento previsto para 2019 “é un novo agravio a Galiza, o enésimo, por parte do Goberno español que, no caso das nove autoestradas rescatadas con diñeiro público en 2018, a comezar polas radiais madrileñas, reducirán o prezo das peaxes unha media do 30%”, alega a viceportavoz.

Cas subidas deste ano, o prezo da viaxe entre Ferrol e Tui supón 21,55 euros o que representa uns ingresos diarios só procedentes de vehículo lixeiros, -21.570 diarios segundo as cifras da concesionaria-, superior aos 460.000 euros. A Xunta, en lugar de traballar para poñer freo a esta escalada de prezos, opta por incrementar tamén o custe das autoestradas que son da súa competencia.

“Lonxe de actuar de maneira distinta, o Goberno de Feixóo incrementa o custe das peaxes afondando no agravio comparativo que soportan as comarcas da Costa da Morte e o Val Miñor”, indica Rodil, xa que a AG-55 e a AG-57 incrementan o seu custe en xaneiro o 2,15%, isto é, o prezo da viaxe sube 5 céntimos, de tal xeito que desprazarse entre A Coruña e Carballo implica 2,55 euros por traxecto e 1,70 euros no caso do Val Miñor.

En relación ao transporte de cercanías por tren, de gran demanda diaria en Galiza para comunicarse entre as cidades, Renfe aplica unha subida do 3,5% para percorridos de media distancia, -todos os que comunican as urbes do Eixo Atlántico-, subida que se dispara no caso do AVANT ao 7%, agravando a discriminación coas persoas usuarias do tren en Ourense que pagan tarifas desorbitadas e moi por riba dos traxectos entre A Coruña-Santiago-Vigo.

Sobrecustes de até o 60%

“Afecta sobre todo a Ourense que xa soporta un sobrecuste no prezo en relación co Eixo Atlántico. Despois da suba, o billete do tren entre Ourense e Santiago de Compostela alcanza os 14,25 euros e a viaxe entre Ourense e A Coruña os 20,90 euros”, explica a viceportavoz parlamentaria do Bloque.

Rodil avanza que o BNG volverá levar ao Parlamento iniciativas “para rematar coa estafa do AVANT pola que cada ourensá paga máis dun 60% por cada billete en comparación coa veciñanza do eixo atlántico”, indica, e iso pese a que o Bloque xa ten logrado un acordo unánime do Parlamento, en xullo de 2018, polo que a Xunta se comprometeu a negociar co Goberno español unha redución dos billetes do tren que comunica Ourense con Santiago e A Coruña.

“Esta nova suba do 7% no billete reflicte a incapacidade do Goberno de Feixóo para defender os intereses de Ourense e Galiza diante do Estado, e por iso volveremos propoñer este asunto na Cámara”, conclúe Rodil.

Otros articulos relacionados.....