Información
Noticia destacada de Galicia

Acusan a Feijóo de por en risco a Ribeira Sacra ante a UNESCO.

Información
Galicia 08 Enero 2019 920 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

tirolinaribeirasacra feijoo unesco2A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de construción dunha tiroliña entre ambas marxes do rio Sil, na Ribeira Sacra.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (Nota de Prensa Tiroliña Ribeira Sacra (070119).pdf)Nota de Prensa Tiroliña Ribeira Sacra (070119).pdf 139 kB

As oito entidades conservacionistas galegas presentaron recentemente un escrito ante a Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, no que informan dos valores ornitolóxicos da zona en que se pretende levar a cabo o citado proxecto (ver o escrito adxunto) e solicitando se avalíe o impacto dunha actuación deste tipo e se informe en consonancia ás Deputacións de Ourense e Lugo do inadecuado de dito proxecto na zona onde se pretende levar a cabo, e en consonancia non se autorice tal actuación.

Por outra parte, a recente declaración dunha ampla zona da Ribeira Sacra como zona BIC (Ben de Interes Cultural) por parte da Xunta de Galicia, a fin de impulsar súa integración na Lista de Patrimonio Mundial e a declaración como Reserva da Biosfera, amosan un gran contrasentido e total incompatibilidade coa instalación dunha tiroliña entre ambas marxes do río Sil, o supor unha degradación visual e paisaxística da Ribeira Sacra, poñendo en perigo dita inclusión da Ribeira Sacra nestes programas da UNESCO.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+