O líder autonómico pide responsabilidades a Xunta pola escalda no conflito da mexilla, e considera que a Rosa Quintana “fóiselle a man”.Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023
Podemos Galicia sinalou a Rosa Quintana como a “principal responsable na escalada de tensións” no conflito da mexilla. Borja San Ramón, Coordinador Nacional da formación, ironizou sobre “a dificuldade de plantexar unha delimitación que prexudica igualmente a ambas partes”.
Dende formación morada sinalan que o conflito entre bateeiros e percebeiros “non existía antes da intervención da Consellería do Mar”, polo que consideran que “o problema actual está directamente provocado pola súa acción de goberno”.
Para San Ramón a responsabilidade dos últimos choques entre asociacións e confrarías coa Xunta de Galicia está no “modelo de xestión caótico” de Rosa Quintana e “a súa teima de cambiar de decisions cada poucas semanas”. O dirixente autonómico destacou que as cargas policiais que se produciron este mércores contra a manifestación de bateeiros en Santiago de Compostela, e se saldaron con varios feridos e detenidos, son “un intento de amordazar a un sector mentres se xoga co seu modo de vida”.
Por último, o líder de Podemos Galicia emprazou a Rueda a “pedir a dimisión de Quintana ou en último caso a cesala”, xa que “a inseguridade xurídica que está xerando ameaza o pan de moitas familias e fai moito dano a economía galega en xeral”.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Lage Tuñas..... "EL INSACIABLE,VORAZ, CODICIOSO" y con sobrados indicios de ser la encarnación o el "cristo" de la corrupción, aumentando los 10 mandamientos.
- Mar Sánchez Sierra dió ordenes al PP de Asturias para que no entreguen ningún tipo de información a los ciudadanos que dicen representar.
- 25 N Día de la Eliminación de la Violencia de la Mujer sin la presencia de los foros de Mar Sánchez Sierra