Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Víctor F. Freixanes conclúe a súa etapa como presidente da Real Academia Galega

Información
15 Marzo 2025 - Noticia Destacada de Galicia - Correo electrónico - Imprimir 3908 votos

20250314-RAG-pleno_1.jpg

  • A finalización oficializouse no pleno celebrado na tarde de onte. A nova comisión executiva elixirase nunha sesión extraordinaria que se celebrará proximamente

A Coruña, sábado 15 de marzo de 2025.- Víctor F. Freixanes rematou a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras completar oito anos á fronte da institución. O académico formalizou a conclusión do seu segundo mandato ante os membros do Plenario na xuntanza ordinaria celebrada na tarde de onte no pazo de María Pita.

Con este paso comeza o proceso que conducirá á elección da nova comisión executiva da Academia. De acordo coa normativa da institución, entrementres ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, a quen lle corresponde poñer en marcha o proceso electoral. Os estatutos da Academia establecen un período non superior a tres mes para a elección da nova comisión executiva.

A candidatura ou candidaturas á presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución. Para facelo disporase dun prazo que remata 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección.

social youtube xornalgalicia   feed-image