Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O GRUPO SOCIALISTA ALERTA DE QUE A XUNTA ACUMULA 221 MILLÓNS DE EUROS DE PERDAS POR AVAIS E PRÉSTAMOS DO IGAPE E DE SODIGA QUE NON FORON DEVOLTOS

Información
16 Octubre 2024 - Galicia 3353 votos - Correo electrónico - Imprimir

Patricia_Iglesias_161024_01.jpg

Patricia Iglesias urxe ao goberno galego a mellorar a transparencia da información financeira das entidades do sector público e que tomen medidas para mellorar a porcentaxe de préstamos e avais falidos

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024. A portavoz de Economía e de Calidade Democrática e Transparencia do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, alertou hoxe de que entre o Igape e Sodiga a Xunta suma unhas perdas de 221 millóns de euros por pagos de avais errados e préstamos que non foron devoltos. Iglesias lamentou o voto en contra do PP a unha proposta do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que tome medidas para mellorar a porcentaxe de préstamos e avais falidos.

 

A responsable socialista explicou que os avais financeiros concedidos a través do Igape presentan un risco vivo de 13 millóns de euros a finais de 2022, pero os pagos por avais errados rexistrados entre 2010 e 2022 ascenden a 85,4 millóns de euros. Ademais, sinalou que a sociedade de capital risco Sodiga, da que tamén participa a Xunta, e entidades de investimento colectivo recibiron un capital de 360 millóns de euros ata 2022, cunhas perdas acumuladas de 136 millóns de euros.

 

Iglesias urxe ao goberno galego a mellorar a transparencia e a eficiencia da información económico – financeira das entidades do sector público autonómico, e “en concreto melloren a porcentaxe de falidos respecto dos préstamos e avais concedidos polo Igape a da sociedade Sodiga”. Citou os informes do Consello de Contas, que alertan do alto grao de morosidade e de debedores que non devolveron os préstamos, que supoñen máis da metade dos vencementos.

 

A parlamentaria socialista esixiulle ao goberno galego que “deixe de actuar con patente de corso, como se as institucións lle pertenceran”, e reclamou “pasos decididos” para atender ás recomendacións do órgano fiscalizador galego, que é o Consello de Contas para mellorar a transparencia na actuación do goberno galego.

 

Reclama neste sentido que normalicen os documentos dos expedientes de contratación por parte de tódalas entidades contratantes do sector público autonómico, ademais de configurar o Rexistro de Entidades do Sector público autonómico, pendente dende hai 14 anos, e melloren o sistema de rendición de contas, que a día de hoxe “non permite o tratamento automatizado de toda a información contable".

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal