Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O Grupo Socialista cualifica de "insulto" e de "estafa" o Proxecto de Lei de Medios Públicos

Información
13 Diciembre 2024 - Galicia 3488 votos - Correo electrónico - Imprimir

Carmen_Rodríguez_Dacosta_131224_01.jpg

Carmen R. Dacosta sinala que o texto “disfraza o desmantelamento da CRTVG” ao tempo que garante a imposición do director xeral por parte do PP e dilúe o seu papel na promoción do uso do galego

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024. A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta cualificou de “insulto” e de “estafa” o proxecto de Lei de Medios Públicos de comunicación audiovisual que vén de ser presentado polo goberno galego. A responsable socialistas presentou unha pregunta oral na Comisión da CRTVG celebrada hoxe no Parlamento logo de coñecer este texto deseñado para garantir a elección do próximo director xeral de forma unilateral por parte do PP.

 

Dacosta advertiu que con este texto varían a forma de escoller ao novo director xeral, que segundo a Lei actualmente vixente debe ser elixido por maioría cualificada do parlamento, obrigando ao PP a contar cos outros grupos. Coa nova redacción, o PP poderá escoller esta figura cos seus votos, consolidando a “falla de capilaridade democrática” no seu nomeamento, co que “non se garante a independencia e a profesionalidade desta figura” e constitúe un “salvoconduto” para amparar “interferencias políticas”.

 

A responsable socialista apunta que a nova Lei “disfraza o desmantelamento da CRTVG, a difícil situación que están a padecer os traballadores e traballadoras da compañía ou os escasos niveis de produción propia”, ao tempo que modifica as regras que rexen a emisión de contidos en castelán”. Explica que baixo o subterfuxio de achegarse a unha maior diversidade lingüística agochan a retirada da blindaxe da lingua galega no ente público.

 

Dacosta lembra a obriga estatutaria para que a CRTVG sexa unha “ferramenta para agromar a empregabilidade do idioma galego, e mesmo ten que ser un órgano normalizador do mesmo”. Esta lei vai en contra deste obxectivo ao introducir unha cota de emisión para producións en castelán, deixando á sociedade galega “desprotexida fronte ao manexo que se fai do ente con respecto á lingua galega” e agravando a desigualdade lingüística.

 

Trasladou a súa “decepción” diante dun texto que “nin sequera mellora o xa existente respecto á gobernanza e rendemento da CRTVG”, e esixiu que “volvan ao diálogo e o consenso para garantir que os medios públicos sigan sendo unha ferramenta ao servizo da sociedade, da cultura e da democracia en Galicia”.

social youtube xornalgalicia   feed-image