Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O Grupo Socialista denuncia a opacidade da Xunta na contratación por parte das entidades instrumentais

Información
20 Junio 2024 - Galicia 9078 votos - Correo electrónico - Imprimir

 

Elena_Espinosa_200624_01.jpgElena Espinosa advirte que a transparencia nos contratos das entidades do sector publico autonómico “é unha condición clave para evitar a corrupción na contratación pública”

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024. A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, denunciou hoxe a opacidade nos datos feitos públicos polo goberno galego con relación aos contratos das entidades instrumentais. A responsable socialista presentou unha iniciativa na Comisión de Economía do Parlamento para reclamar transparencia nestes contratos, que foi rexeitada polo PP.

 

Espinosa advertiu que “a transparencia é unha condición clave para o fomento da integridade e para evitar a corrupción na contratación pública”, e acusou ao goberno galego de furtar os datos de contratación das entidades que dependen dela.

 

Advertiu que a información da Plataforma de Contratos non é homoxénea, o Rexistro de Contratos non recolle tódolos datos e os datos estatísticos que presentan non permiten distinguir os que corresponden ás entidades instrumentais.

 

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que normalice os documentos dos expedientes de contratación, cumpra coas esixencias de xustificación e as modificacións contractuais, estenda o xestor electrónico de expedientes a tódalas entidades instrumentais e habilite novos campos na Plataforma de Contratación.

social youtube xornalgalicia   feed-image