Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024. A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, instou hoxe ao ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer na Comisión de Investigación sobre contratos públicos e sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro. Méndez reclamoulle ao líder do PP que non dea leccións en Madrid sen aclarar a súa xestión en Galicia.
En resposta a preguntas dos xornalistas, Lara Méndez referiuse á Comisión de Investigación logo da reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento para fixar os temas que irán ao Pleno da próxima semana. A deputada socialista reafirmou o compromiso do PSdeG coa transparencia, co obxectivo de coñecer a verdade sobre os contratos a dedo e o sobrecuste de máis de 470 millóns de euros do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Méndez destacou a importancia de que Alberto Núñez Feijóo, como máximo responsable durante a execución de varios dos asuntos investigados, compareza: “Se presume de transparencia a nivel estatal, non debería rexeitar dar explicacións en Galicia”.
Tamén advertiu que as e os socialistas estarán vixiantes ante posibles intentos de obstrución por parte do PP: “Non permitiremos que se bloqueen os traballos desta comisión. Denunciaremos con contundencia calquera manobra que busque interferir neste proceso, porque Galicia merece respostas claras e un compromiso firme coa legalidade e a ética pública”, concluíu Méndez.
En cuanto á comparecencia de cargos do Goberno bipartito, Méndez destacou que xa están na lista que os socialistas rexistraron onte no Parlamento “porque nós consideramos que deben sentarse e falar todos os que poidan aportar algo sobre os temas que son obxecto de investigación”.
Sesión plenaria
A viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, presentou en rolda de prensa os principais temas que o PSdeG levará á próxima sesión plenaria, destacando cuestións de relevancia para Galicia, como a crise da vivenda, a nefasta xestión da enerxía eólica, a CRTVG ou a defensa da transparencia e a ética pública.
Méndez sinalou que o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, interpelará ao presidente da Xunta para esixir unha resposta sobre a súa xestión en vivenda, que o PSdeG considera insuficiente e totalmente desconectada das necesidades reais dos galegos e das galegas. “A escaseza de vivenda pública e os prezos desorbitados configuran unha situación que non se vai resolver con 70 minipisos en Santiago”, afirmou.
A viceportavoz socialista sinalou que a situación é especialmente crítica para a xente con menos recursos e para a mocidade: "Os poucos mozos que poden emanciparse deben destinar á metade do seu salario a pagar un piso, o que fai practicamente inviable unha vida independente", denunciou. Tamén destacou que a falta de execución orzamentaria en vivenda pública é alarmante, xa que a Xunta non gastou nin un euro do programa de acceso á vivenda nos primeiros seis meses do ano.
Interpelación sobre a política de enerxía eólica
Os socialistas presentarán unha interpelación á conselleira de Industria para reclamarlle unha explicación sobre a xestión da enerxía eólica, marcada pola inestabilidade e a evidente falta de rumbo. Lara Méndez vinculou directamente a mala planificación nos últimos 15 anos coa inseguridade xurídica que vive o sector na actualidade con preto de 60 proxectos eólicos paralizados, en parte por autorizacións en espazos protexidos.
Moción sobre a CRTVG
O PSdeG presentará no Pleno unha moción para instar ao goberno a retirar o anteproxecto de Lei dos medios públicos audiovisuais de Galicia, que considera unha ameaza á independencia informativa. “É inaceptable que este goberno pretenda converter a CRTVG nunha ferramenta ao servizo dos intereses do PP, coa connivencia de Feijóo, quen durante o seu mandato xa sentou as bases para limitar o dereito á información obxectiva e plural da cidadanía galega”, denunciou Méndez.
Proposicións non de Lei sobre o Sergas e as hemorráxicas e a lingua azul
O Grupo Parlamentario Socialista presentará dúas proposicións non de Lei: unha para solicitar a reactivación da Comisión Mixta para a integración da rede de trastornos aditivos no Sergas, garantindo o financiamento completo deste servizo, e outra de Medio Rural sobre a necesidade de revisar os protocolos para a xestión das hemorráxicas e a lingua azul no sector gandeiro. Os socialistas piden ao goberno galego medidas de desinfección, apoio financeiro adicional e aumento das axudas por perda de animais.
Pregunta urxente sobre a cesión de os terreos portuarios
O grupo socialista tamén formulará unha pregunta urxente sobre a titularidade dos terreos portuarios sen uso, reclamando que Portos de Galicia devolva eses espazos aos concellos onde están plenamente integrados. "Despois da visita do noso portavoz a Viveiro, consideramos que é necesario resolver a xestión destes espazos, dos que Portos só cobra, sen utilizalos nin mantelos", dixo Méndez.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra.
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc.
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral.