Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O Grupo Socialista sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta "está a debilitar o Estado do Benestar"

Información
20 Septiembre 2024 - Galicia 5876 votos - Correo electrónico - Imprimir

Paloma_Castro_200924_01.jpg

 

Paloma Castro alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social por parte do goberno galego

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións á Valedora do Pobo, Paloma Castro, advertiu que o último informe presentado pola Alta Comisionada do Parlamento demostra que a xestión do PP “está a debilitar ao Estado do Benestar en Galicia”. Así o dixo na presentación do informe anual da Valedora diante do Parlamento, que tivo lugar hoxe.

 

A responsable socialista aludiu ao “aluvión” de queixas dos galegos e das galegas, centradas fundamentalmente na xestión dos servizos públicos por parte da Xunta, fundamentalmente a sanidade, a educación ou a atención social. Así, lamentou que a xestión ininterrompida do goberno galego por parte do PP nos últimos 15 anos teñan situado á sanidade pública como un dos principais problemas para a cidadanía.

 

Advertiu que esta situación evidencia que “non debe facerse negocio a costa da saúde das persoas”, e que a atención sanitaria debe axustarse a uns parámetros estritos de calidade, “sen escatimar recursos cando está en xogo a saúde”. Situou á falla de investimento en persoal como a raíz do problema, que deriva na incapacidade de cubrir baixas ou traslados, provocando atrasos inasumibles na atención primaria e, por derivación, a saturación das urxencias.

 

A situación esténdese a todo o sistema, con especial incidencia en servizos sensibles como a atención á saúde mental, que é xestionada dende o goberno galego de forma “claramente ineficiente” e require dunha reorientación e reforzo da dotación de persoal e recursos materiais.

 

Castro emprazou ao goberno galego a poñer en marcha a reformulación do sistema educativo, logo de anos de castigo polos recortes indiscriminados do goberno galego. Estes afectan de forma sinalada aos centros educativos do rural e aos alumnos e alumnas con necesidades especiais, que quedan sen profesores de apoio e perdidos entre aulas saturadas porque o goberno galego incumpre as ratios.

 

A “obsesión patolóxica” polos recortes sociais por parte do PP dende o goberno galego na última década “ofreceu malos resultados en canto á actividade económica e consecuencias devastadoras nos niveis de cohesións social da nosa sociedade”. Cando este contexto vén sumado a unha Consellería de Política Social que vive “á marxe da realidade” e que desatende sistematicamente ás recomendacións da Valedora, dixo, o resultado é “unha xestión totalmente deficiente”.

 

Aludiu neste sentido ao modelo de residencias públicas anunciado reiteradamente pero que “nunca chega”, mentres milleiros maiores sen recursos económicos teñen que padecer da soidade illados a moitos quilómetros do seu lugar de orixe. Criticou que a Xunta descargue nos concellos o Servizo de Atención no Fogar sen incrementarlles os recursos que necesitan.

 

Alertou tamén das queixas presentadas á Valedora polo desmantelamento dos servizos de prevención e extinción de incendios por parte do goberno galego, que unidos ao abandono do rural están a xerar unha auténtica “bomba incendiaria de biomasa” no corazón verde de Galicia. Tamén salientou as protestas polas raquíticas políticas lingüísticas da Xunta, que “mentres anuncia o impulso do galego, este é practicamente inexistente na xustiza, ou no eido sanitario é residual”.

social youtube xornalgalicia   feed-image