ADEGA respostará cunha batería de denuncias xudiciais a aprobación “express” de 75 parques eólicos por parte da Xunta.
Este 25 de abril remataba o prazo fixado polo Estado para que as CC.AA. concederan as autorizacións administrativas previas a aqueles proxectos de renovábeis coa DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel e aínda en tramitación. Nestas circunstancias atopábanse en Galiza ducias de parques eólicos sobre os que a Xunta tiña que resolver, polo que como vén de anunciar o Conselleiro de Industria, nos vindeiros días publicaranse no DOG os 75 proxectos aos que a Xunta dou a autorización previa, e que tamén antes do 25 de xullo deben ter a autorización de construción. A Xunta adoita resolver estes dous trámites nun mesmo acto administrativo, polo que nestes 3 meses imos asistir a outra enxurrada de autorizacións “express” en formato “2x1”.
A Xunta lexislou nos últimos anos para suprimir, por veces ilegalmente como sentenciou o TSXG, “molestos” trámites ambientais e reducir ao mínimo a participación pública da cidadanía na avaliación dos proxectos eólicos. Como consecuencia, os 75 parques que a Xunta vén de autorizar sen unha axeitada avaliación ambiental e sen aval social, poñerán en risco territorios de enorme valor para preservar servizos ecosistémicos imprescindíbeis para afrontar os impactos da mudanza climática, destruirán a paisaxe e o patrimonio cultural e expulsarán ás persoas do rural. Pararmos este danos irreparábeis foi unha das razóns da mobilización deste pasado 23 de abril na que centos de persoas de todo o país concentrámonos en Compostela para arrodear a sede da Xunta a prol doutra política eólica. Con esta decisión, a Xunta desoe outra volta o clamor cidadán a favor dunha planificación enerxética ordenada e ao servizo do pobo, para aliñarse co expolio e convertirse na principal valedora do oligopolio eléctrico.
Diante desta ameaza, en ADEGA non temos outra opción que acudir aos xulgados para recorrer aqueles proxectos eólicos autorizados pola Xunta e eventualmente tamén polo Estado, que teñan un impacto máis significativo sobre o noso patrimonio natural e cultural, nomeadamente os situados a carón da Rede Natura ou en espazos nos que estaba prevista a súa ampliación, oportunamente demorada polo PP. Entre os primeiros proxectos que logo de aprobados serán obxecto de recurso contencioso-administrativo estarían aqueles situados en áreas ambientalmente sensíbeis, como as serras orientais dos Ancares e o Courel, o Macizo Central, o Suído, a Ribeira Sacra e aqueloutros con maior impacto sobre hábitats e especies protexidas, paisaxe ou patrimonio.
Para facer fronte aos custos derivados da presentación destes recursos así como á imposición de enventuais caucións económicas ou costas, ADEGA poñerá en marcha nestas próximas semanas unha nova campaña de recadación solidaria, tal como aconteceu cos contenciosos contra os tres parques da empresa da ex-conselleira Beatriz Mato, actualmente paralisados polo TSXG. Convidamos a aquelas plataformas e colectivos afectados e a toda a cidadanía facer parte destas iniciativas e a colaborar na campaña pública de “crowfunding” que en breve lanzaremos para cada un dos proxectos recorridos.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra.
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc.
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral.