"É crucial que as institucións europeas revisen este anteproxecto de lei e tomen as medidas necesarias para asegurar que Galicia conte cun servizo público de comunicación verdadeiramente independente, plural e comprometido coa súa identidade”, sinalou o eurodiputado Nicolás González Casares
Bruxelas, 24 de setembro de 2024. O eurodeputado galego Nicolás González Casares, en representación do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), rexistrou onte no Parlamento Europeo unha serie de preguntas sobre o Anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, impulsado polo goberno de Rueda. Este anteproxecto podería estar vulnerando a lexislación europea que protexe a liberdade e a independencia dos medios de comunicación, poñendo en risco a pluralidade e a promoción da lingua e cultura galegas na CRTVG, o ente público de comunicación.
Dende hai anos, os traballadores da CRTVG denuncian a manipulación informativa na canle, un problema especialmente grave dado que o medio é financiado cos impostos de todos os galegos e galegas. A pesar destas denuncias, o goberno do PP non só ignorou estas reclamacións, senón que agora pretende aumentar aínda máis o seu control .
As principais preocupacións que González Casares trasladou a Bruxelas son as seguintes:
Concentración do poder nos nomeamentos: González Casares solicitou á Comisión Europea que analice se o novo sistema proposto, que elimina a necesidade dunha maioría reforzada no Parlamento galego para elixir a dirección xeral e o consello de administración da CRTVG, respecta os principios de pluralidade e independencia que deben rexer nos medios públicos. Este cambio concentraría o poder de nomeamento nas mans dun só partido, o PPdeG, e do presidente da Xunta, o que podería poñer en perigo a imparcialidade e a independencia da CRTVG.
Eliminación de órganos de control interno: O eurodeputado tamén expuxo a posible incompatibilidade da eliminación do Estatuto Profesional e do Consello de Informativos coa normativa europea que asegura o control interno e a transparencia nos medios de comunicación. A proposta de substituír estes mecanismos por un consello asesor, cuxos membros serían designados directamente polo goberno galego, podería supoñer unha grave intromisión política que erosione a independencia da CRTVG.
Risco para a produción propia e os informativos: Outra das cuestións presentadas por González Casares é a apertura da CRTVG a iniciativas privadas en todas as súas áreas, unha medida que podería reducir a produción propia e debilitar a calidade dos informativos, comprometendo a función de servizo público que debe cumprir a CRTVG.
Emisión de contido en castelán: Finalmente, o eurodeputado cuestionou se a posible introdución de contidos en castelán na CRTVG, cuxo mandato principal é a promoción da lingua e cultura galegas, se axusta aos principios de diversidade lingüística e cultural defendidos pola Unión Europea. O PSdeG considera que esta medida podería debilitar o papel da CRTVG como defensora da identidade galega, nun contexto onde o castelán xa está amplamente representado noutros medios.
Con estas accións en Bruxelas, o PSdeG reafirma o seu firme compromiso coa defensa da liberdade e pluralidade dos medios públicos galegos, así como coa preservación da lingua e cultura galegas. É crucial que as institucións europeas revisen este anteproxecto de lei e tomen as medidas necesarias para asegurar que Galicia conte cun servizo público de comunicación verdadeiramente independente, plural e comprometido coa súa identidade.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
- María del Mar Sánchez Sierra montó presuntamente una trama de acoso asociada con Millan Calenti contra este Xornal.....
- Juan Carlos Escotet es sancionado por cuarta vez en Panamá en su matriz de Abanca, dos de ellas por violar las normas contra el dinero negro que podría EXPLICAR LA ASESORA DE FEIJÓO.
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra.
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc.
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral.