Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

As traídas de auga afectadas pola vertedura da cidade deportiva convocan concentración diante da sede do Celta

Información
21 Mayo 2024 - Pontevedra 4385 votos - Correo electrónico - Imprimir
  • A cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das  traídas de auga de MosA plataforma A auga é vida, que aglutina as traídas de auga afectadas (Tameiga-Casal, Tameiga-Petelos, Sanguínea, Monte Baxiña e captacións particulares) e a Comunidade de Montes de Tameiga convocan concentración diante da sede do Celta para esixir que se obture e clausure a tubería de vertido da cidade deportiva do Celta.
  • A plataforma reunirase esta semana coa Confederación Hidrográfica Miño - Sil para solicitarlle a apertura dun expediente de inspección das instalacións deportivas por se hai máis emisarios e de sanción do vertido detectado.
  • A plataforma non da validez a ningunha análese realizada tras a denuncia pública do vertido, xa que o Celta, alertado, cortará estes días os seus efluentes de fecais.

 Obrador restrega a Feijóo y Mar Sánchez el día de Nochebuena su consorcio  del clan de latrocinio–liderado por el gallego Carlos Mouriño Atanes,  promotor de la tenebrosa historia de PEMEX sin finalizar

A plataforma A auga é vida, conformada polas as traídas de auga afectadas polo proxecto comercial do Celta (Tameiga-Casal, Tameiga-Petelos, Sanguínea, Monte Baxiña e captacións particulares) e a Comunidade de Montes de Tameiga, ven de convocar unha concentración, o sábado 1 de xuño, diante da sede do Celta en Vigo. Con está mobilización queren poñer en valor a auga dos seus mananciais e esixir que se poña fin aos vertidos contaminantes que poñen en perigo a súa potabilidade.

 

Para a plataforma a alta carga de fecais do vertido da cidade deportiva está poñendo en perigo a saúde de miles de familias que se abastecen dos mananciais ameazados pola contaminación causada polo emisario. Unha análese encargada por Ecoloxistas en Acción que está realizada por un laboratorio autorizado e homologado polo Ministerio. 

 En Portada

A plataforma, que ten solicitada unha reunión coa alcaldesa de Mos, insta ao Concello de Mos a que defenda os mananciais e actúe e obrigue ao Celta a parar este vertido constante e persistente de gran caudal. Sinalan que de momento o Concello en vez de clausurar o vertido, limitouse a anunciar a realización dunha analitica cando para a plataforma está claro que non ten validez algunha calquera análese realizado despois de que o Celta fora alertado pola denuncia feita pública, xa que entenden que cortaran os efluentes de fecais ou calquer outro produto químico para que a mostraxe sexa sobre unha auga limpa. 

 

A plataforma ten concertada esta semana unha reunión urxente coa Confederación Hidrográfica Miño Sil para solicitarlle a apertura dun expediente de inspección das instalacións deportivas por se hai máis emisarios e de sanción do vertido detectado. Agardan que o organismo de bacia actúe de xeito contundente ante o que consideran un delito ambiental e contra a saúde pública. 

social youtube xornalgalicia   feed-image