Información
Reportaxes a fondo

María del Mar Sánchez Sierra podría estar influindo NAS FAKE NEWS DE FEIJÓO: O “PÁNICO ELECTORAL” O LEVA A ANUNCIAR UNHA LEI QUE NON TEN “NADA QUE VER CO SUPERÁVIT” E LIMÍTASE A “MOVER 48 MILLÓNS DE EUROS”

Información
Galicia 03 Mayo 2019 2496 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xoaquín Fernández Leiceaga advirte que tan só destina 1,5 millóns de euros a contratar “40 ou 50” médicos e esixe 600 novos contratos sen afectar ao teito de gasto

Santiago de Compostela, 03 de maio de 19. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, alertou hoxe da última “fake news” de Feijóo. A Lei de Suplemento de Crédito que está a “vender” como aplicar o superávit en realidade non ten “nada que ver”, senón que se trata de “mover 48 millóns de euros” dunha partida a outra que podería aprobar igualmente sen necesidade de ter superávit.

Feijóo lanza una 'fake news' para debilitar la propuesta valenciana de financiación ver fuente...+

Quien es María del Mar Sánchez Sierra...(+)

O responsable socialista limitou a manobra do xefe do Executivo a unha “operación pública de propaganda” derivada do “pánico electoral”, que o levou a “facer un Casado” coa austeridade e “comprar” agora os argumentos da oposición. Así como o líder do PP “descubriu de repente que é de centro”, Feijóo “pasou de ser o campión da austeridade a descubrir agora que fai falta gasto social”.

Engadiu que o que dende a Xunta anuncian como unha modificación legal que vai permitir contratar máis médicos, en realidade supón destinar apenas 1,5 millóns de euros para contratar entre 40 e 50 facultativos, “volvendo á situación do ano pasado”. Leiceaga advertiu que para iso contaba xa con 33 millóns no Fondo de Continxencia –“que pasou con eles?”, pregunta-, e esixe contratar 600 médicos afectar ao teito de gasto, aos equilibrios financeiros nin ao endebedamento.

Os socialistas presentarán a próxima semana unha emenda de totalidade contra esta Lei para mellorar as condicións laborais do persoal sanitario e desmontar as falsidades do presidente da Xunta. Fernández Leiceaga explicou que “nada hai que permita dicir que reducen os niveis de endebedamento”, senón que “o que se fai é retirar transferencias ao IGVS e á SPI para destinar a investimentos en educación, centros sociais, sanidade e un pouquiño a gasto corrente”.

A realidade polo tanto é que non reduce os niveis de endebedamento, que “non destina un gasto adicional de 125, de 130 ou de 96 millóns de euros, senón que transfire 48 millóns de euros dun lado ao outro”. Trátase, explicou, de outra fake news do presidente da Xunta, ao igual que asegurar que destina 3 millóns de euros para vivenda que “non existen, senón que polo contrario lle reducen 12 millóns ao IGVS”.

O pouco de verdade que ten este anuncio, explicou, é “unha reordenación interna de fondos que nos parece absolutamente insuficiente na parte que lle corresponde ao gasto social”, sinaladamente á contratación de persoal sanitario.

Reconsideración e fallos de forma

Os socialistas presentaron hoxe un escrito para reclamarlle á Mesa do Parlamento que reconsidere a tramitación desta Lei polo procedemento de Lectura Única, xa que logo de que a Xunta aprobara onte un anticipo de crédito para habilitar as obras supostamente urxentes, xa non é necesario un trámite que o que fai é furtarlle á oposición o debate e a posibilidade de presentar emendas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+