Información
Reportaxes a fondo

O GALP COSTA DA MORTE E A SÚA PRESIDENCIA

Información
Galicia 08 Mayo 2019 389 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


CITA de PLADESEMAPSGA;  O GAC3 está presidida por unha persoa que non representa a ningunha entidade nen a ninguen que non sexa seu propio interés.

carta aberta; 

O GALP COSTA DA MORTE E A SÚA PRESIDENCIA

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte, entidade colaboradora da Consellería do Mar (na dobre vertende de axente de desenvolvemento na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Zona Pesqueira e na xestión e control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento de dita estratexia) está formado por 51 entidades socias das que o 41,18% representa o sector social, o 19,61% o sector económico e o 17,65% o sector público.

 Pois ben, esta asociación colaboradora coa Consellería de Pesca para a xestión de fondos europeos, en concreto do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, mália estar constituída por multitude de entidades de ámbito social, confrarías, concellos, etc., está presidida por unha persoa que non representa a ningunha entidade. Trátase de Evaristo Lareo, que foi no seu día Patrón Maior da Confraría de Caión pero leva xa varios anos xubilado e polo tanto non pode representar a dita confraría que ten o seu Patrón Maior e a súa Xunta Directiva electos. Non me parece lóxico que presida unha entidade tan importante, que participa na xestión de moito diñeiro a través de axudas para proxectos produtivos e non produtivos, continúe presidida por unha persoa que non pode estar representando a ningunha entidade nen institución.

Por certo, na páxina web desta entidade pódense ver os seus obxectivos que teñen a ver co mantemento de actividadades vinculadas co mar, fomento da pesca artesanal, e outras actividades complementarias, etc. Pois ben, na vila de onde é veciño quen preside a entidade, o único recuncho costeiro do concello da Laracha, semella que moito impacto non estan a ter as axudas que se teñen xestionado. Unha vila de Caión que esmorece, onde apenas hai actividade pesqueira (nas últimas eleccións na confraría eran 15 as persoas socias, 5 empresarios e 10 traballadores, 9 deles de marisqueo a pé). Qué foi das redeiras de Caión? Case desaparecido o sector pesqueiro e todas as actividades relacionadas con el, semella ser o sector turístico e hostaleiro a única actividade económica, pero resulta que ese sector tamén vai a menos; no canto de abrirse novos establecementos vemos como pechan restaurantes históricos situados na principal praza de Caión. Hoxe, esta vila que foi un dos principais núcleos do concello da Laracha, apenas chega aos 600 habitantes.

Unha entidade da importancia do Galp, coa responsabilidade que ten ademáis nunha comarca deprimida que continúa a perder poboación, non pode ser o “chiringuito” de ninguén. Debe ser xestionada con absoluta transparencia, e toda a sociedade debe coñecer qué proxectos se están apoiando, con canto diñeiro e qué resultados se obteñen en canto a creación de emprego.

A Laracha, 8 de maio de 2019

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG na Laracha