Información
Reportaxes a fondo

O Concello de Vigo dando CONTINUIDADE ao éxito do seu turismo interioror anima en FITUR a coñecer e vivir "o fenómeno Vigo"

Información
Galicia 23 Enero 2020 1482 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vigo presentou a súa proposta turística en FITUR este xoves baixo o lema "O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo". O acto foi presentado por Miguel Lago -ao que se sumou o ḿusico Pablo Novoa cun breve "cameo"-, quen trazou as principais liñas turísticas que ofrece Vigo co seu alcalde, Abel Caballero.

Xunto ao ocio, a cultura e a gastronomía, a presentación viguesa fixo especial fincapé no alumeado de Nadal, nos grandes concertos do verán vigués ou na festa da Reconquista, por suposto sen esquecer o Marisquiño e a singularidade das illas Cíes. Son os principais argumentos que conseguiron que Vigo batera este ano os seus rexistros históricos en ocupación hoteleira, segundo reflicten os datos do INE.



Ademais do repaso aos fitos turísticos de Vigo, que viñeron da man da conversa entre Miguel Lago e Abel Caballero, a cidade expuxo a súa ampla e diversa oferta e o "fenómeno Vigo" a través de dous vídeos conducidos pola actriz Déborah Vukusic, nos que tomaron parte personalidades como Teo Cardalda, Carlota Corredera, Óscar Pereiro, Diana Nogueira, Silvia Superstar, Manuel Manquiña ou Domingo Villar, entre outros.

Na súa intervención, o alcalde recordou que o Concello xa ten pechada a actuación de Sting no auditorio de Castrelos o próximo 1 de agosto e avanzou "novidades" na campaña de Nadal do próximo ano. O acto pechouno o propio Abel Caballero: "Quen pisa Vigo pasa a ser cidadán de Vigo. Xuntos facemos o ‘fenómeno Vigo’".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.