Información
Reportaxes a fondo

O BNG pide o cese inmediato da Valedora do Pobo e acusa Feixóo de favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao PP

Información
Galicia 03 Abril 2019 3302 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2018070213115369916


Cualifican de “deplorable” a intervención da Valedora do Pobo, Milagros Otero, para favorecer á irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular, Pedro Puy e pide que dimita de “motu propio” hoxe mesmo.

 

O BNG pide que o cese “inmediato” da Valedora do Pobo pola súa intervención na contratación irregular da irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular e acusa a Feixóo de manter unha “actitude nepotista e caciquil” ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular. 

A deputada do BNG, Noa Presas manifestou que ante o rexeitamento do Tribunal Supremo do recurso presentado por Milagros Otero, a Valedora do Pobo debe “dimitir” e anunciou que o BNG iniciou contactos co resto dos grupos parlamentarios para trasladar, “de forma conxunta” a petición do cese polo canle legal do Parlamento galego para que se vote no pleno. Instamos, a que por “decencia” a propia Milagros Otero dimita de “motu propio” hoxe mesmo. Por outra parte, dixo, consideramos que Núñez Feixóo debe desautorizala e asumir a súa responsabilidade nesta situación que deixa nun estado “devaluado unha das institución máis valiosas do noso país.”

A parlamentaria nacionalista recalcou que o principal responsable do acontecido na contratación de María Puy Fraga é “Núñez Feixóo” quen ademais, engadiu, mantivo unha “actitude nepotista e caciquil ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular” e apoiada pola Valedora do Pobo tamén afín ao partido conservador. Presas afirmou que a Valedora incumpriu as funcións e tarefas para as que foi elixida. O acontecido, recalcou vai na dirección contraria da rexeneración democrática que defende Núñez Feixóo polo que debe asumir a súa responsabilidade.

Noa Presas explicou que a Valedora do pobo é unha consecuencia do pacto entre PP e PSOE para repartirse o Consello de Contas, o Consello da RCTVG e a Valeduría do Pobo. Dende o BNG xa denunciamos, no seu día, que a Valedora, Milagros Otero non contaba co perfil idóneo para desempeñar o cargo polas súas conexións co Partido popular. Pasado o tempo, quedou demostrado que a Valedora do Pobo foi a “Valedora do Partido popular”, actuando como “conseguidora” do Partido popular.

Presas cualificou de “deplorable e inxustificable” a intervención da Valedora do Pobo, Milagros Otero, para favorecer a contratación da á irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular, Pedro Puy e tildou de “escandaloso e obsceno”, dende o punto de vista democrático, o seu proceder

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+