Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Sandra María Iglesias Barral é elixida xuíza decana de Santiago

Información
31 Octubre 2024 - Santiago 2101 votos - Correo electrónico - Imprimir

Jueza_decana_de_Santiago.jpeg

 

A maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, Sandra María Iglesias Barral, foi elixida xuíza decana deste partido xudicial, por unanimidade, na Xunta Xeral Extraordinaria de Xuíces celebrada hoxe na localidade. Iglesias ingresou na carreira xudicial no ano 2009, sendo o seu primeiro destino o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, con competencia en Rexistro Civil e Violencia sobre a Muller, materia na que conta con formación con perspectiva de xénero nas xurisdicións civil, penal e social. Co seu ascenso a maxistrada, pasou a desempeñar, como xuíza de adscrición territorial, funcións de reforzo na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña. Por concurso de maxistrados/as, accedeu ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e, posteriormente, ao Xulgado de Primeira Instancia número 4, no que permanece na actualidade.



A nova decana afronta o mandato co propósito de facer valer os intereses dos xulgados de Santiago de Compostela e os das súas xuízas e xuíces, defendendo as súas necesidades, “condicionadas pola capitalidade, a presenza da Xunta de Galicia e numerosos entes públicos, así como pola poboación e ampla área sanitaria do Rexistro Civil”. Entre os seus obxectivos, ademais, está o conseguir o incremento da planta xudicial, coa creación dun xulgado exclusivo en materia de Violencia sobre a Muller e un Xulgado Contencioso-administrativo, así como procurar os reforzos necesarios na xurisdición civil, incluído o Xulgado de Familia.

Tamén asegura que traballará para lograr a mellora dos espazos destinados a usuarios que requiren unha especial atención; o avance na dixitalización das salas de vistas, en sintonía co Plan SENDA; e na procura de alternativas á escaseza de aparcamento nos xulgados. Todo iso “co compromiso de escoitar a todos os interesados e de articular fórmulas o máis efectivas posibles para expresar as súas necesidades desde posturas construtivas e de colaboración”.

O nomeamento da nova xuíza decana de Santiago de Compostela, que substitúe a Andrés Lago Louro, recentemente nomeado presidente do Consello Consultivo de Galicia, ten que ser ratificado polo Consello Xeral do Poder Xudicial e publicado no BOE.

social youtube xornalgalicia   feed-image