Demandan ao Director Xeral de Minas por obstaculizar o acceso á información ambiental

Información
Galicia | 07 Mayo 2019 | 2424 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A demanda foi admitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e encóntrase na fase de práctica de proba

Diversos colectivos e organizacións integrantes da rede ContraMINAcción levaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a denominada “Instrución Tahoces” (oficialmente Instrución 6/2018, do 3 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre acceso á información pública en materia de minas) que fora aprobada o verán pasado polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, no medio de fortes críticas dos movementos sociais, que a consideran un paso máis para obstaculizar o acceso á información ambiental relativa a proxectos mineiros e enerxéticos.

O TSXG admitiu a demanda que veñen de formalizar esta mesma semana a Asociación Petón do Lobo, a Asociación Sociocultural O Iribio, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, o Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, co apoio doutros colectivos integrantes na rede. Mediante a demanda contencioso-administrativa preténdese que o tribunal anule os aspectos da Instrución que vulneran non só a lexislación de rango superior en materia de acceso á información ambiental, senón que a propia Convención de Aarhus da que é parte contratante o Estado e que recoñece os dereitos de acceso á información ambiental e á participación pública en proxectos que afecten o ambiente.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Non paga as traballadoras do servizo de axuda no fogar do concello da Laracha coas que última empresa adxudicataria do servizo mantén débedas de ata un ano nalgúns casos. A empresa Idade de Ouro Servizos Sociosanitarios deixou de prestar o servizo, tendo que acudir o concello a unha "empresa ponte", mantendo importantes débedas con varias traballadoras.

A EMPRESA QUE PRESTOU O SERVIZO DE AXUDA DO FOGAR NO CONCELLO DA LARACHA TEN DÉBEDAS DE ATA UN ANO CON ALGUNHAS TRABALLADORAS

A empresa Idade de Ouro Servizos Sociosanitarios, que foi a última adxudicataria do servizo de axuda no fogar no concello da Laracha, mantén débedas con algunhas traballadoras que chegan a un ano nalgúns casos. Rematado o periodo de contratación sen que desde o concello se tivese feito unha nova licitación, esta empresa deixou o servizo (mantendo débedas importantes con varias traballadoras) e o concello viuse na obriga de acudir a unha “empresa ponte” ata a nova adxudicación do servizo. Argumentaba a devandita empresa que a prestación do servizo presuntamente lle estaba ocasionando perdas.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Unha delegación galega, encabezada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e integrada por portavoces de plataformas medioambientais e os alcaldes de As Neves, Baños de Molgas, Rianxo e Ribadeo, mantiveron un encontro con Andrew Bianco, Xefe de Gabinete do Comisario de Medio Ambiente, e Yvon Slingenberg, Directora de Coordinación Política da Dirección Xeral de Cambio Climático, así como con funcionarios das Dirección Xerais de Medio Ambiente, co obxectivo de abordar os problemas do modelo forestal galego, “en concreto da eucaliptización e o seu impacto nos incendios”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidatura municipal de Moaña para pedir “un apoio masivo” ao proxecto do BNG “para reforzar o liderado de Leticia Santos e garantir que Moaña vai seguir avanzando da man dun proxecto de transformación en positivo e a favor da veciñanza como o desenvolvido pola actual alcaldesa estes catro anos. 

Feijóo vivirá en Villarriba y Villabajo en Moaña, Pontevedra como si fuera el protagonista de la serie de televisión española emitida por La 1 de TVE pero con vistas al mar.

social youtube xornalgalicia   feed-image

fecales decantadoradecaionabandonada alcaldedelaracha ppdegalicia


La decantadora abandonada en Caión A Laracha que no sale en el video turístico recien estrenado del Concello de A Laracha en Yotube ( sin conocer el coste que pagaron los vecinos ) sigue sin cumplir la normativa de su mantenimiento y podría estar generando problemas de salud entre los vecinos y visitantes de la villa marinera, nadie responde, nadie sabe nada, un emasario de 92 millones de las antiguas pesetas desaparecido, año 2011 una decantadora en el puerto de Caión sin que se conozca quien o quienes están controlando las fecales, mantenimiento y sistemas de analíticas que la Ley exige al menos tres veces a la semana publicando el resultado de las mismas en lugar visible para los ciudadanos, solo hay falta de información y su instalación como justificación para realizar informes para proyectos de pelotazos urbanísticos que aumentaran el riego sobre la salud de la población de Caión.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A Xunta Electoral Zona de Noia ven de comunicar ao BNG “a incoación dun expediente sancionador” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e ao presidente provincial coruñés do PP, Diego Calvo, por vulnerar o artigo 53 da Lei orgánica de réxime electoral xeral (LOREX,) que impide a petición expresa do voto antes do inicio da campaña electoral, neste caso os comicios municipais do 26M.

social youtube xornalgalicia   feed-image

- O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 dita que non hai motivo para suspender a contratación das obras de construción do centro de maiores na Casa da Botica. As obras agardan dende hai semanas polo permiso da Xunta para arrancar-

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 dita que non hai motivo para suspender a contratación das obras de construción do centro de maiores na Casa da Botica como pretnede o Partido Popular do Sr Feijóo.

As obras agardan dende hai semanas polo permiso da Xunta para arrancar- A xustiza di que PP e non adscrito solicitan paralizar xa a construción desta residencia sen motivos, sen concretar prexuízos e sen proba algunha- Destaca que non se poden pasar por alto os informes sobre a ilegalidade da encomenda a SUPLUSA e a lexitimidade a priori dubidosa desta Sociedade 

social youtube xornalgalicia   feed-image

O Parlamento aproba dúas propostas presentadas por Loli Toja para esixirlle á Xunta que cumpra coas obrigas de limpeza do depósito de plásticos contaminantes en Malpica e o mantemento da dársena de Camariñas

Santiago de Compostela, 03 de maio de 19. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe á Xunta de Galicia de estar a “obstaculizar a xestión e a vida diaria nos portos galegos a través de Portos de Galicia”. Así o dixo no debate de dúas proposicións non de Lei en Comisión para esixirlles que cumpran coas súas competencias e retiren o depósito de plásticos contaminantes no fondo do Porto de Malpica e reparen os cristais da pasarela de Camariñas que finalmente foron aprobadas por unanimidade.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Denuncia que o Partido Popular segue “R que R” cunha lei que ten os días contados.

A Plataforma anima a darlle continuidade ao éxito do boicot de cursos anteriores e a non baixar a garda na loita contra a LOMCE mentres o Partido Popular non asuma, como xa fan outras comunidades, o fin da mesma.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600