Imprimir

O TSXG confirma a sentenza que ordena ao Concello de Mos revisar a licenza dos campos de adestramento do Celta e anula a dos vestiarios

Información
Hoy es noticia | 24 Mayo 2022 | 454 Votos

A sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza que ordenou ao Concello de Mos revisar a licenza dos campos de adestramento do Celta e anulou a dos vestiarios. A Sala, desta forma, rexeitou os recursos interpostos polo Concello e polo Real Club Celta e confirmou a resolución do Xulgado do Contencioso-administrativo número 3 de Pontevedra que condenou á Administración municipal demandada a incoar, tramitar e resolver en prazo un expediente de revisión de oficio da licenza de obra outorgada en novembro de 2018 polo Concello de Mos ao Celta para a execución dun campo de fútbol dobre de 16.576 m2 cun aparcamento de 5.500 m2.

 

“Han de compartirse as conclusións a que se chega na sentenza apelada, que partindo do exame da documental achegada, entre ela a planimetría dos dous proxectos autorizados polo Concello de Mos nas resolucións municipais recorridas, do 29 de novembro de 2018 e do 30 de outubro de 2019, chega á conclusión de que non se pode considerar que estas obras teñan o carácter de instalacións mínimas imprescindibles para o uso a desenvolver”, indica o TSXG, que salienta que, ademais, no fallo de primeira instancia “se evidencia que non ten en conta exclusivamente o tamaño das instalacións, aínda que si é certo que tal dato ofrece certa relevancia para poder considerar que se trata dun equipamento deportivo privado”.

 

Os maxistrados destacan que exceden “das instalacións mínimas a que se refire a lei”, á vez que indican que “se pode considerar dentro do que na propia solicitude de licenzas se denomina equipamento deportivo, ao presentar os planos do proxecto básico”. Os xuíces tamén sinalan que “se debe compartir a consideración de que, cunha marxe temporal de non máis dun ano entre un e outro acordo, se autorizaron unhas obras que conformarán un conxunto completo que constitúe unha unidade”, polo que conclúen que “precisa dun plan especial”. Contra a sentenza cabe presentar recurso de casación.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 454