A mellor sanidade do Mundo que diexou Feijóo en Galicia antes de fuxir a Madrid logra o Peche das consultas en Sanxenxo

Información
Hoy es noticia | 15 Agosto 2022 | 947 votos | Correo electrónico | Imprimir

Ante a denuncia da Plataforma para a Defensa dá Sanidade Pública de Sanxenxo do peche das axendas de tódolos médicos do Centro de Saúde de Baltar durante o mes de agosto (para consultas, renovar receitas, ou emitir as baixas laborais das persoas traballadoras enfermas), desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:

 

1.- Esta decisión supón unha vulneración inaceptable do dereito da poboación para acceder á asistencia sanitaria e ás prestacións do sistema de saúde pública.

2.- Unha vez máis se mostra a incapacidade do SERGAS e da Xerencia de Área, para planificar a Atención Primaria, algo especialmente grave cando aumenta da demanda asistencial ao multiplicarse a poboación pola afluencia turística.

3.- Corrobora a denuncia da Plataforma SOS Sanidade de que proporcionar vivenda ao persoal médico no verán, non era máis que unha desafortunada ocorrencia de márketing populista que non soluciona nada.

4.- moi preocupante cunha das primeiras medidas da nova Xerencia da Área sexa incrementar aínda máis os recortes. As intencións parecen moi claras.

5.- É urxente e necesario organizar mobilizacións de protesta contra da decisión de deixar sen atención medica a miles de persoas. A poboación aínda que sexa verán segue tendo enfermidades e problemas de saúde.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image