Información

Feijóo se sube o soldo ante centos de parados sen prestación de ningún tipo e medrando en Galiza en novembro máis do triple que no Estado

Información
07 Diciembre 2016 2974 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O paro medrou en Galiza no mes de novembro máis do triple que no conxunto do Estado español, até alcanzar as 203.554 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. O noso país foi a terceira comunidade onde máis se incrementou, xa que a subida atinxiu o 2,32% con respecto a outubro (fronte ao 0,66% da media estatal).

A evolución do paro rexistrado no mes de novembro sitúa a Galiza nunha situación preocupante no que o mercado laboral se refire xa que non só medra o desemprego -algo habitual nestas datas-, senón que o fai nunha porcentaxe máis elevada con respecto a anos anteriores. Ademais, a subida e tres veces e medio máis que o incremento contabilizado no conxunto do Estado.

Deste xeito, o número de persoas paradas en Galiza situouse en 203.554, un 2,32% superior ao mes de outubro. Pola contra, na media estatal o medre foi do 0,66%. 

En Galiza o paro medrou en todos os sectores

A análise por sectores tamén amosa un comportamento máis negativo en todos eles. No conxunto do Estado a industria e a construción experimentaron un descenso do desemprego, mentres que unicamente o sector servizos tivo unha evolución negativa; en Galiza medrou en todos os sectores, sendo o maior incremento no sector servizos (un 2,65% máis); tanto a industria, cunha subida do 1,68%, como a construción, cun 1,47% máis de parados/as, rexistraron comportamentos moi preocupantes.

Inutilidade das reformas laborais

A pesar deste evolución de medre do desemprego e de caída da afiliación o número de contratos rexistrados alcanzou os 76.080 en Galiza, dos que tan só o 7,9% foron de carácter indefinido. Isto evidencia a elevada rotación e a escasa duración dos contratos para un número importante de traballadores/as, que se manteñen no mercado de traballo nunha situación moi precaria. Os datos de afiliación á Seguridade Social veñen confirmar esta grave situación, xa que de media descendeu en 3009 persoas no noso país durante o mes pasado.

Diante disto, o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, insiste en que se confirma unha vez máis a inutilidade das reformas laborais aplicadas polo PSOE e o PP para xerar emprego e para que este sexa de calidade. “A precariedade do mercado laboral galego non deixa de medrar, e xa temos case un 92% de contratos temporais”.

Diante disto, sostén que son posíbeis outras receitas para recuperar o mercado laboral e lembra que a central presentou unha Iniciativa Lexislativa Popular que contiña 100 medidas para o crecemento económico e o emprego que foi tombada no Parlamento cos votos do PP.

lineaazul 1600

El Tribunal Supremo fija una serie de criterios para valorar la suficiencia de indicios cuando no hay prueba directa en una senten…

12-11-2019 Votos:18 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

El Tribunal Supremo ha confirmado la condena impuesta por sentencia dictada por la Sala de...

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, cos cartos da Deputación da Coruña se mon…

12-11-2019 Votos:18 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, co apoio da...

O piloto Eduardo Iglesias, embaixador da marca turística Lugo Cambia no Rally Dakar 2020

12-11-2019 Votos:16 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Presidente da Deputación destacou a gran visibilidade que lle dá á provincia a participación...

A web do Concello de Santiago semella un panfleto das festas de " santo entroido da pachanga " nada que ver con unha ins…

12-11-2019 Votos:13 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

12/11/2019 Un total de 109 tapas competirán no XII Santiago(é)Tapas

200 niños máis de velutina que o ano pasado por estas datas

12-11-2019 Votos:16 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Servizo Municipal de Control de Pragas leva retirados a estas alturas do ano case...

Manifestación este xoves dende Barreras até a delegación da Xunta en Vigo para que Feijóo explique seus " trapicheos con Lozo…

12-11-2019 Votos:20 Agenda de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

A CIG convoca unha manifestación este xoves 14 en Vigo para reclamar a intervención pública...


lineaazul 1600

lineaazul 1600

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+