Pladesemapesga solicita ao Alcalde @XulioFerreiro que teñan voz no pleno as asociacións de veciños e os traballadores dos órganos e entes municipais.

Información
26 Mayo 2016 | 6949 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

DEpodemosnotienennielnombre BNG ANOVA Ferrol ComunAnte a máis que probable crispación e illamento da integración dos traballadores dos distintos órganos municipais, EMALCSA, etc.., e o persoal do Concello xunto ás asociacións de veciños da cidade que representan a máis do 80% dos cidadáns esta plataforma cre que se lles debe “dar voz” no pleno á marxe dos chirtinguitos montados por interés do alcalde como o "ESCANO CIUDADAN" “Dillo Ti”, etc, dando así credibilidade á súa mesma proposta de dar voz e voto á cidadanía con feitos concretos.

 

Con proposta do seu programa electoral A Marea Atlántica cando tivo lugar a investidura do actual equipo de goberno, hai aproximadamente un ano, unha das cousas das que máis se falou foi da incorporación da participación cidadá e a intervención nos plenos de representantes de colectivos cidadáns relacionados coas cuestións que fosen obxecto de debate.

Tras un interesante inicio que non superou os 15 días, o afán destrutivo da oposición do PSOE na boca do seu representante o Sr Dapena, que acusa á Marea Atlántica de mal goberno para a cidade e de produrle "TENDINITE" cando o seu voto é decisivo para a aprovación a denegación de calquera proposta municipalista, unha situación que fala por se soa, manipulando a esencia das propostas para introducir lóitas partidistas na participación dos veciños e a falta de compromiso real coa proposta por parte do equipo de goberno, que só estaba disposto a permitir a participación de colectivos afíns ou dóciles á actual xestión a través deo Escano Ciudadán, ou Dillo Ti, levaron ao letargo dita iniciativa propagandística dos populistas.

 

Desde a Plataforma, entenden que, quen de verdade teñen algo que dicir deste proceso, son os propios afectados, as asociacións de veciños, entes públicos e órganos municipais xunto aos traballadores e traballadoras polo que @XulioFerreiro sen máis preámbulos debería elixir un ou tres representantes de todos para falar en nome deles no pleno.

 

Pladesemapesga advirte que; "Hai que dar a voz ás asociacións representativas da cidade, entes municipais, os traballadores e traballadoras do concello, ai que só eles poden contar, en primeira persoa, como estan as situacións, que lles chegan desde o Goberno Municipal e na súa consecuencia tomar as medidias de forma directa sobre o punto exacto onde hai que meter o bisturí para unha xestión pública transparente dando así pàtrticipación plena á cidadanía sen que quede en "FUME" propagandístico o prometido por Xulio Ferreiro fai xa máis dun ano ".