Información
Localidades de Galicia

É inaceptable o linchamento moral que se quixo facer de compañeiros que levan anos traballando e loitando pola mellora da sanidade pública

Información
17 Abril 2019 511 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP)

Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública (AGDSP), que foi criticada por algúns membros da asemblea de médicos, celebrada no Colexio de Médicos de Vigo, queremos comunicar:

 

1.- Consideramos comprensible que desde o colectivo de facultativos/-as de Atención Primaria (AP) se critique e mesmo non se comparta a desconvocatoria da folga en AP realizada polo Comité, -integrado polos seis sindicatos maioritarios CIG, CCOO, UXT, CSIF, OMEGA e CESM e por membros s a Coordinadora de AP-; tamén podemos entender a frustración dalgún colectivo sen experiencia nas loitas sanitarias. Sen embargo rexeitamos categoricamente a actitude antidemocrática e intolerante dalgúns profesionais que participaron nesa asemblea do Colexio de Médicos, posterior á desconvocatoria.

2.- É inaceptable o linchamento moral que se quixo facer de compañeiros que levan anos traballando e loitando pola mellora da sanidade pública desde sindicatos e organizacións profesionais. O erro destes foi asinar a desconvocatoria de folga por considerar que a Administración aceptaba negociar os 5 puntos reivindicados. Pode ser unha decisión errada pero son intolerables as descualificacións e as inxurias que recibiron, máis propias do matonismo social que do noso colectivo profesional. Tampouco entendemos que esta actitude non tivera o rexeitamento masivo dos asistentes.

3.- Nun comunicado chaman a unha nova folga, sen agardar ao resultado das negociacións acordadas coa Administración para o día 26 de abril na Mesa Sectorial, como obriga a lexislación laboral. Ademais dita folga pretenden convocala só para a área de Vigo e para o persoal médico. Deixan fora ao resto dos traballadores dos equipos dos Centros de Saúde (enfermería, auxiliares administrativos e outros profesionais, que apoiaban a folga) e á Coordinadora Galega de AP: esta é unha actitude elitista e corporativa que debilita a mobilización e a negociación para mellorar a AP.

4.- Tamén se ataca á Plataforma SOS Sanidade Pública, que apoiou a folga e colaborou na preparación das concentracións previstas para o día 11. SOS está integrada por organizacións sociais, cidadás, políticas, sindicais e profesionais, que levan anos loitando contra o desmantelamento da sanidade pública, a privatización hospitalaria e a marxinación da AP.

5.- O chamamento para boicotear as eleccións sindicais supón un desprezo aos procesos democráticos e ás organizacións representativas dos traballadores como son os sindicatos, aos que dedican gravísimas acusacións de traizón. Parece que algúns queren volver a períodos pre-constitucionais, afortunadamente superados na nosa sociedade.

6.- Consideramos que os esforzos dos colectivos de AP deben centrase en apoiar a negociación dos 5 puntos acordados pola Coordinadora e en prepararse para novas mobilizacións no caso de que esta fracase, algo nada improbable dada a actitude da Consellaría en anteriores acordos con colectivos que, curiosamente, non suscitaron tanta crispación.

7.- Por último, cómpre lembrar que algúns dos profesionais máis vociferantes e iracundos da asemblea teñen participado amigablemente en acordos co Sergas, mentres SOS e a nosa Asociación loitaban contra a privatización e o desmantelamento da sanidade pública de Vigo.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+