Información
Localidades de Galicia

Xosé Sánchez Bugallo aposta por dotar á zona sur de Santiago dun novo gran centro deportivo

Información
09 Mayo 2019 485 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Baixo o epígrafe “A cidade en forma”, o número 5 da candidatura, Gonzalo

Muíños, e a número 10, a atleta Esther Pedrosa; presentaron esta mañá en

rolda de prensa as propostas de deportes do programa electoral, que se

sustentan en infraestruturas, en investimentos en deporte entendido como

calidade de vida; e no deporte federado.

 

Santiago de Compostela, 09 de maio, 2019

O número 5 da candidatura de Xosé A. Sánchez Bugallo, Gonzalo Muíños, e a número 10,

a campioa Esther Pedrosa, presentaron esta mañá as principais propostas en materia

deportiva. Susténtanse, como explicou Muíños, en tres grandes apartados: as

infraestruturas, os investimentos en deporte entendido como calidade de vida, e no deporte

federado.

Precisamente destes aspectos falaron os dous integrantes da candidatura do

PSdeG-PSOE, xunto co propio cabeza de lista; no encontro sectorial que se desenvolveu

na tarde de onte e na que participou un bo número de representantes de clubs e entidades

do sector na cidade. As achegas e suxestións de ditas entidades tivéronse en conta á hora

de elaborar o programa, segundo afirmou Gonzalo Muíños.

Deporte e infraestruturas

As principais apostas no eido de infraestruturas e equipamentos pasan por construír un

novo gran centro deportivo na zona sur da cidade, similar ao multiusos de Sar, “que dea

resposta a uns barrios que se atopan en importante crecemento, como Conxo ou Santa

Marta, e inclúa, entre outros equipamentos, una piscina”. Gonzalo Muíños tamén anunciou

o compromiso socialista para executar un novo pavillón con salas de usos múltiples e que

permita a varios clubs adestrar ao mesmo tempo”.

Retomar o proxecto da Cidade da Raqueta, analizando a mellor localización e modo de

xestión, e tendo en conta ás diferentes administracións, é outra das propostas. Complétase,

no apartado de infraestruturas, “coa elaboración e posta en marcha dun plan de

mantemento de instalacións e o arranxo da piscina de Fontes do Sar, de modo que se poña

fin aos constantes problema que da o actual globo”, segundo o número 5 da lista de

Bugallo.

Deporte e saúde

Muíños tamén falou das iniciativas en materia de deporte asociado á saúde e calidade de

vida. Así, subliñou que “os dous ríos que ten Santiago, o Sar e o Sarela, serán a base sobre

a que levar a cabo unha serie de rutas de sendeirismo, por exemplo, para que sexan

utilizadas en actividades ao aire libre”, tamén por aquelas paras persoas que participan nas

actividades programadas polos centros socioculturais.

Ademais, apostou por chegar a un acordo coa Federación de ANPAS para que os pavillóns

dos centros escolares poidan ser utilizados polos clubs en horario non lectivo; e por

promover en colaboración con outros departamentos, como o de Mocidade, a realización de

actividades náuticas, como o surf, a vela ou o mergullo.

Deporte federado

Pola súa banda, campioa do mundo de cross e subcampioa do mundo de 1500 na categoría

máster, Esther Pedrosa, deu conta das propostas vencelladas ao deporte federado. O

Xacobeo 2021 o, sobre todo, o 2027, son escenarios importantes, dixo, para atraer á cidade

grandes eventos deportivos que "dean imaxe da marca Compostela" e que, sobre todo,

poidan ter continuidade. As axudas específicas para clubs, e de xeito especial para

deportistas de elite, para que queden adestrando en Santiago por falta de recursos; o

asesoramento a clubs e entidades para desenvolver trámites e subvencións; a colaboración

coas federacións para desenvolver cursos de interese para o sector; e a promoción de

eventos, especialmente, daqueles "clásicos" como a Volta Ciclista da Ascensión, o rallie

Botafumeiro ou o torneo de pesca do escalo; son algunhas das iniciativas que inclúe o

programa socialista.

Finalmente, apostou Pedrosa por “establecer un convenio entre o Concello e a Universidade

de Santiago para poder aproveitar as instalacións que nun determinado horario non están

sendo utilizadas”, ao tempo que avogou por homologar a pista de atletismo "que tanto

necesita Santiago".

III. A CIDADE EN FORMA

INFRAESTRUTURAS

1. Comprometémonos a desenvolver un novo centro deportivo na zona sur da cidade,

incorporando unha nova piscina que complemente as instalacións existentes; destinada a clubs de

natación, waterpolo e triatlón e aberta a demandas de novos usuarios; e especializada pola mañá no

uso escolar, no uso terapéutico para persoas maiores, en programas para mulleres embarazadas,

bebés, etc.

2. Comprometémonos ao recubrimento do piscina de Fontes do Sar. O proxecto incluirá: o

acondicionamento da piscina actual, a eliminación do globo periosteal, e a equipación cun

revestimento retráctil. A calidade para o usuario sería mellorada, así como un aforro de calefacción

máis que evidente.

3. Construiremos un novo pavillón con salas de uso múltiple. Será unha instalación funcional,

destinada especialmente para o adestramento deportivo minoritario: artes marciais, ximnasia rítmica,

loita, etc.; con gran demanda.

4. Impulsaremos unha instalación especializada nas disciplinas relacionadas co mundo da

raqueta: tenis, padel, squash, tenis de mesa, bádminton, etc.

5. Recuperaremos o proxecto, en colaboración coa Federación Galega de Fútbol, para facer

unha nova instalación en San Lázaro.

6. Faremos un Plan director de mantemento, mellora e accesibilidade do conxunto das

instalacións actuais (pavillóns, pistas exteriores, campos de fútbol, etc.)

7. Recuperaremos rutas de sendeirismo, aproveitando os enormes espazos naturais da nosa

cidade, para facer rutas homologadas e accesibles, de distinto nivel de dificultade, que posibiliten

usuarios de moi diferentes niveis.

8. Expandiremos os carrís bici, acondicionando espazos actuais e desenvolvendo novas rutas.

Comprometémonos a enlazar Fontiñas co camiño de Sar-Banquete Conxo-A Rocha, e a estudar a

posibilidade de ligar este carril co acceso a Medicina e ao Campus Sur. Comprometémonos tamén a

impulsar un carril bici entre o Campus Sur e o Campus Norte da USC.

DEPORTE COMO INVESTIMENTO EN CALIDADE DE VIDA

9. Facilitaremos, con apoio municipal, o aproveitamento das instalacións escolares fóra do

horario escolar para uso de entidades e asociacións diferentes e, nalgúns casos, para uso aberto da

cidadanía (por exemplo, a pista anexa a Rodrigo de Padrón).

10. Planificaremos o uso de instalacións deportivas ao aire libre para promocionar o seu uso a

través de campionatos, xogos tradicionais, etc.; entre os diferentes barrios da cidade.

11. Fomentaremos o avellentamento saudábel e activo. Utilizaremos os Centros Socioculturais

para desenvolver un plan específico de actividades deportivas dirixidas ás persoas maiores da

cidade. Non só con actividades de interior, senón tamén en diferentes rutas de sendeirismo, o

aproveitamento dos distintos circuítos biosaudábeis, etc.

12. Fomentaremos a práctica deportiva de integración mediante un plan específico dirixido a

diferentes grupos: con exclusión social, con diversidade funcional, etc.

13. Estableceremos unha cooperación transversal coa concellaría de Mocidade para realizar

actividades deportivas no verán: surf, vela, mergullo, etc.

DEPORTE FEDERADO E FEDERACIÓNS DEPORTIVAS

14. Apoiaremos con axudas específicas aos clubs que participan nos campionatos nacionais

durante toda a tempada deportiva.

15. Asesoraremos aos clubs para a solicitude e xustificación das distintas subvencións

outorgadas por entidades públicas ou privadas.

16. Estableceremos un convenio coa USC para o uso aberto e mantemento das distintas

instalacións deportivas que xestiona a Universidade.

17. Promocionaremos eventos clásicos da nosa cidade (Volta ciclista da Ascensión, Rally

Botafumeiro, Festa do Escalo etc...), que nos coloquen no panorama deportivo,

18. Integraremos na imaxe de marca de Compostela eventos deportivos de alto nivel,

especialmente en datas de menor influencia turística (meses de outubro-marzo). Especificamente,

traballaremos para integrar na programación do Xacobeo 2021, e logo na do 2027; eventos

deportivos que teñan lugar ou rematen en Compostela e contribúan a promocionar a nosa cidade

(maratón ou media maratón do camiño ou probas do circuíto de triatlón...)

19. Melloraremos os criterios de avaliación e a dotación das axudas aos diferentes clubs da

cidade.

20. Estableceremos convenios para a creación de bolsas de estudo para atletas individuais de

alto nivel, posibilitando que poidan seguir xogando nos clubs da cidade.

21. Asinaremos un Acordo coas distintas Federacións Deportivas para o desenvolvemento de

diferentes cursos: Primeiros auxilios, Dieta e nutrición, Titulacións deportivas, etc.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.