Información
Localidades de Galicia

O TSXG rebaixa en cinco meses a pena ao mozo que apuñalou a outro cando subía a un taxi na Coruña

Información
16 Mayo 2019 94 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu parcialmente o recurso de apelación interposto polo condenado a seis anos de prisión pola Audiencia Provincial da Coruña por apuñalar a un mozo en marzo de 2017 cando subía a un taxi na rúa Rúa Nova da Coruña. Os maxistrados do alto tribunal impuxéronlle cinco anos e sete meses de prisión como autor dun delito de intento de asasinato e rexeitaron os recursos presentados polo Ministerio Fiscal e pola acusación particular.


“Tendo en conta que a metade inferior da pena fixada se estende desde os tres anos e nove meses aos cinco anos, sete meses e quince días de prisión, efectivamente impoñémola en cinco anos e sete meses de prisión, facendo inevitablemente nosa a alegación do recorrente na que denuncia a adecuación incorrecta ao marco penolóxico obrigado”, argumenta a Sala do Civil e Penal.

O tribunal rechazou a alegación do condenado respecto a que o ataque “non foi sorpresivo”. Os xuíces salientan que a vixilancia previa da vítima “en nada impide, senón ao contrario, o ataque sorpresivo que culmina co seu acoitelamento”. En canto á denuncia das acusacións sobre a indebida aplicación da atenuante de reparación do dano, o TSXG coindice coa Audiencia, pois sinala que é “innegable” que o condenado “levou a cabo un esforzo reparador acorde ás súas circunstancias persoais” ao pagar 3.000 euros.