Información
Localidades de Galicia

A fiscalía arquiva as denuncias contra o alcalde pola xestión de residuos da apertura da rúa Ourense e a contratación dun asesor xurídico externo de urbanismo

Información
21 Mayo 2019 122 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta do arquivo por parte da fiscalía de dúas denuncias interpostas polo concelleiro da oposición, Laureano Alonso.

O alcalde de Tui, compareceu en calidade de investigado ante a fiscalía o pasado 16 de maio logo de ser aceptada a solicitude de facelo antes de data prevista (23 de maio).

 

A primeira denuncia presentada refírese á xestión de residuos da apertura da rúa Ourense, na que se solicitaba a investigación da retirada por parte da empresa adxudicataria da pedra dos inmobles expropiados para a apertura da rúa Ourense. Sobre esta denuncia a fiscalía dita un decreto de arquivo xa que non percibe ningunha actuación constitutiva de delito. Apuntaba Carlos Vázquez Padín, que se axustaron o proxecto do goberno anterior, agora na oposición, polo que “de haber algún erro nese procedemento de licitación, sería derivado do proxecto que o goberno do propio denunciante visou no ano 2016”.

Por outra banda daba conta tamén do arquivo da denuncia pola contratación dun asesor externo de urbanismo. O informe da fiscalía di que é coñecedora do colapso na resolución de expedientes na área de urbanismo do Concello de Tui e que a contratación do asesor cumpre os requisitos esixidos na Lei de Contratos de Sector Público no que ademáis se inclúe un compromiso de confidencialidade.

Manifestaba na rolda de prensa desta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, con respecto a intención desas denuncias que “non se pode manchar o nome dunha persoa con esa facilidade e lixeireza”.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+