Información
Localidades de Galicia

O BNG propón facer un centro de interpretación do Pasatempo

Información
21 Mayo 2019 149 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Reacondicionará os baixos da grada e a antiga aula de natureza, abandonada, para musealizar e interpretar o recinto.

Retirará a pasarela e utilizará os 280 000 euros do seu amaño en obras de urxencia para consolidar o Pasatempo.

 

Betanzos, 21 de maio de 2019. O BNG presentou esta mañá as súas propostas para recuperar e poñer en valor o Pasatempo. As nacionalistas propoñen reacondicionar o baixo da grada do auditorio do Pasatempo e o que fora aula da natureza como un centro de interpretación do parque enciclopédico.

Hai que explicar a quen veña ao parque como naceu, como se foi construíndo, a súa historia e a súa rehabilitación para que poida facerse unha idea do que foi e de como foi” explica o candidato á Alcaldía, Henrique del Río. Para isto, propoñen reacondicionar estes dous edificios contemporáneos infrautilizados e en estado de abadono.

Obviamente o primeiro e urxente é acometer as tarefas de mantemento e consolidación que o Pasatempo precisa para reabrir as portas” explica Del Río. “A nosa primeira medida no goberno será contratar á fin o proxecto de rehabilitación para o Pasatempo e logo xa discutiremos co PP se a Xunta vai quedar á marxe ou a implicarse de verdade na recuperación dun parque único no país como o Pasatempo”, explica o candidato do BNG.

Retirar a pasarela e a estrada para garantir a estabilidade

O BNG comprometeuse publicamente a retirar a pasarela entre as dúas partes do Pasatempo para evitar que siga danando a estrutura da Gruta da Recoleta. “Desviaremos o tráfico para que a estrada non comprometa a conservación do parque debido á intensidade do tráfico que soporta e as vibracións que xenera”, explica Henrique del Río.

Os máis de 280 000 euros que PSOE, PP, Betanzos Novo e Betanzos en Común decidiron gastar en amañar a pasarela destinarémolos a obras de urxencia no Pasatempo, porque non ten sentido amañar o acceso a un sitio ao que non se pode entrar”, explica o candidato nacionalista. “E no espazo que liberan recuperaremos o acceso orixinal ao parque e reproduciremos os xardíns do comedor e o dormitorio en buxo que estaban nesa zona”, engade.

Video electoral sobre o parque

As nacionalistas presentaron tamén esta mañá outro video da súa serie de spots electorais abordando precisamente a actuación de urxencia e a reapertura e posta en valor do parque enciclopédico.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+