Información
Localidades de Galicia

Máis do 9% das prazas das oposicións docentes xa se poden declarar desertas.

Información
23 Mayo 2019 138 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
195 prazas de promoción interna quedarán sen cubrir, xa que só se matricularon 81 persoas para as 276 prazas ofertadas pola Consellaría.
 
Máis do 9% das prazas das oposicións docentes xa se poden declarar desertas.
Unha vez publicadas as listas de persoas admitidas e excluídas nas oposicións aos diferentes corpos docentes, confírmase un ano máis a farsa creada pola Consellaría de Educación á hora de vender como convocatorias históricas oposicións como a do 2018 ou a actual do 2019, ambas superando teoricamente as 2.000 prazas mais que nunca chegan a esas cifras.
Para vender estas ofertas de emprego a Consellaría bota man da oferta de prazas de promoción interna do grupo A2 ao A1 (paso dos corpos de mestres e profesorado técnico de FP ao corpo de secundaria). Fíxoo no 2018 coa oferta de 262 prazas para as que só se matricularon 113 persoas, concorrendo aos exames 85 e aprobando 21 persoas. Así nesa convocatoria só un 8% das prazas de cambio de corpo se cubriron finalmente. 
As cifras da convocatoria do 2019 vaticinan peores resultados xa que malia se incrementaren as prazas ofertadas de 262 a 276 (mais dun 5% de aumento) só se matricularon 81 persoas (unha diminución do 28%).
 
O engano de superar a cifra das 2.000 prazas.
A Consellaría de Educación está máis preocupada de vender cifras que de negociar e analizar na Mesa Sectorial os efectos das ofertas de emprego sobre o persoal interino que leva anos ocupando prazas, nun escandaloso abuso da temporalidade. Así o fixo no 2018 cando vendeu que a oferta chegaba ás 2.050 prazas e de novo repetiu a operación no 2019 “chegando” ás 2.064. O máis insultante da oferta deste ano é que para poder afirmar que se superaba a oferta de emprego de 2018 engadiron 14 prazas….. de promoción interna que quedarán sen cubrir.
A realidade é, sen embargo, moi diferente. No 2018, tal e como denunciou a CIG-Ensino, só se cubriron 1.723 prazas, quedando un 16% das prazas desertas (327). A maioría destas prazas correspondíanse coas prazas de promoción interna (241). 
 
Todo parece indicar que esa porcentaxe de prazas desertas pode incrementarse este ano, xa que só tendo en conta a matrícula xa temos un 9,45% de prazas que non se cubrirán (195). 
A Consellaría debería deixar de vender fume e enganar á opinión pública coas cifras infladas que proporciona e aplicar un mínimo rigor, sen faltar ao respecto a miles de aspirantes ao ensino público galego.
 
A CIG-Ensino reclama un verdadeiro concurso oposición e a cobertura de todas as prazas.
Como sindicato maioritario no ensino público en Galiza chamamos a atención, un día despois de se celebrar o sorteo dos tribunais que xulgarán os procesos selectivos deste ano 2019, sobre a ausencia da fase de concurso que leva anos evidenciándose nas oposicións docentes e lamentamos que a Consellaría non asumira as nosas propostas para facilitar os traballos dos tribunais, coa redución da ratio de aspirantes por tribunal e a realización da fase de baremación por unha comisión técnica, a garantía ao máximo posíbel do anonimato das probas e a publicación diaria da notas das persoas que se examinan. 
Despois da reiterada negativa da Consellaría a nomear as presidencias dos tribunais por sorteo como lle propuxemos, desde a CIG-Ensino demandamos que se evite a repetición de persoas nesas presidencias.
 

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+