Información
Localidades de Galicia

O peche de servizos e de axendas durante o verán complica a asistencia das mulleres con endometriose

Información
24 Mayo 2019 124 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Endometriose é unha doenza crónica que afecta a algo máis de 60.000 galegas das cales unhas 9.000 teñen as formas máis severas da doenza. Son graos III e IV que precisan un seguimento continuado e frecuente xa que hai constantes cambios de tratamentos, de situación na evolución da doenza.

 

En querENDO Mulleres con endometriose temos a experiencia por anos anteriores de que así como se van achegando as datas do verán aumentan de maneira exponencial as chamadas á asociación polas queixas no retraso das citas. En Galicia hai neste momento tres consultas específicas de endometriose (Álvaro Cunqueiro, Chou e Chuac) que ou ben pechan durante os meses do verán ou ben diminúen drásticamente o número de consultas porque o persoal ou ben está de vacacións ou ben está cubrindo outras necesidades do servizo. Como non podía ser doutro xeito isto case triplica as listas de espera para novas citas das doentes afectadas.

Durante este periodo as consultas que se habían producir a tres meses vista –xustamente porque son as das mulleres con peores situación- dispáranse e 6-7 meses vista. Son periodos nos que estas mulleres só poden acudir aos servizos de urxencias nos picos de dor ou de empeoramento pero onde non se fai o seguimento que se debía facer. Se o tratamento que está levando a muller non está funcionando ou precisa de algunha variación alárgase a súa situación durante meses empeorando claramente a súa situación.

Nos hospitais onde non hai consulta específica de endometriose o panorama que viven as mulleres con endometriose é igual ou peor.

No anexo acompañamos as citas dunha destas persoas, neste caso do CHUAC, que en consulta feita a comezos de abril a xinecológa que a atendeu recomendou revisar no mes de xullo, e que cando finalmente se lle adxudica cita esta é para mediados de decembro.

Neste caso concreto a situación é doblemente kafkiana porque se trata dunha muller en busca de embarazo en reprodución asistida e neste caso as mulleres deben seguir un estrito control no que os tempos nos tratamentos e as interferencias co agravamento da doenza son decisivos para conseguir ese embarazo.

É por isto que querENDO Mulleres con endometriose pide ao SERGAS estude posibles solucións a un problema que se ven repetindo todos os anos e ao que non se lle pon remedio, antes ben se ve como unha situación absolutamente normal á que ás doentes deben resignarse. Unha doenza crónica e progresiva como é a endometriose non entende de estacións e precisa un seguimento e unha atención sanitaria de calidade sen importar a estación do ano no que se dea.

O verán non lle senta ben á endometriose ou é a xestión sanitaria estival a que nos perxudica?

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+