Información
Localidades de Galicia

Sánchez Bugallo pide aos veciños e veciñas que acudan a votar porque hoxe decídese o futuro de Santiago

Información
26 Mayo 2019 504 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O candidato á alcaldía de Santiago exerceu o seu dereito ao voto no IES Xelmirez I, sobre as dez da mañá. Durante a xornada percorrerá os colexios electorais, e a partir das oito esperará os resultados na sede do PSOE local, en Montero Ríos, 24.



Santiago de Compostela, 26 de maio de 2019

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, exerceu o seu dereito ao voto ás dez da mañá, no IES Xelmirez I de Santiago de Compostela. Chegou acompañado da súa filla. Colleu as papeletas do PSOE e dirixiuse á mesa correspondente. Despois de exercer o dereito ao voto, atendeu á prensa.


Sinalou que “hoxe é un día importante para Santiago, vaise decidir o seu futuro, vanse decidir moitas cousas, vaise decidir o Ano Santo. Penso que todos os veciños e veciñas exercerán o seu dereito ao voto con absoluta liberdade e responsabilidade”.


A preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo sinalou que Santiago é un concello onde tradicionalmente vota o 65 por cento do censo. Pero, “confío en que este ano sexa máis alta, porque “acabamos de saír dunhas eleccións (polas xerais), na que case votaron o 80 por cento das persoas censadas, un récord en Santiago. Oxalá nestas municipais sexa tamén un récord de participación!”.


Sánchez Bugallo recoñece que tamén nos estamos xogando o futuro de Europa, pero “niso estou bastante confiando. España é un país que ten unha posición bastante equilibrada e bastante sólida… Desgraciadamente hai países europeos aos que se vemos perdidos en relación ao ideal europeo. Oxalá no resto de Europa houbese o mesmo tipo de sensacións e sentimentos que hai en España!” Sobre a participación, sinalou que é importante que os españois, os galegos “fagamos unha demostración práctica de europeísmo, de confianza en Europa, e de aposta por Europa”.


O candidato á alcaldía de Santiago rematou explicando que durante a xornada visitará distintas mesas electorais, para animar á xente a votar. A partir das oito da tarde estará na sede, esperando as noticias e atendendo aos medios de comunicación.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+