Información
Localidades de Galicia

Leiceaga reclámalle a Feijóo que “saque a camiseta de campaña”, desbloquee os proxectos nas cidades e “desterre o clientelismo” na Galicia rural

Información
29 Mayo 2019 340 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou hoxe que logo do ciclo electoral de xerais, europeas e municipais, “a mensaxe de Galicia é de cambio”. Na sesión de control ao presidente da Xunta, Leiceaga dixo que “a cidadanía está instatisfeita coa desatención a servizos básicos” e reclamoulle a Feijóo que “saque a camiseta de campaña”, desbloquee os proxectos nas cidades e “desterre o clientelismo” na Galicia rural.

 

O responsable socialista advertiu que “os resultados encerran unha mensaxe diáfana” para o PP, que “perdeu 200.000 votos e a hexemonía política nas xerais -73.000 só nas cidades-, perdeu as eleccións europeas con rotundidade e deixouse no camiño poder municipal, concelleiros e alcaldes”. Instou ao presidente da Xunta a “recapacitar, corrixir as políticas, e así acertará”, con “humildade e diálogo, bogando a favor en lugar de ciar”.

Advertiu así o “rotundo rechazo” ás políticas do goberno galego na Galicia urbana, onde “previsiblemente, ningún dos seus cinco conselleiros que mandou a baterse á area local vai gobernar”. Reclamoulle así que “levante vetos e barreiras, axude a construír e non a bloquear, sen sectarismos, tendo en conta a realidade social e política, agora que hai unha nova etapa de goberno”.

Fernández Leiceaga sinaloulle ao presidente da Xunta que aproveite o ano de lexislatura que resta para “desbloquear proxectos”, e apuntou á intermodal de A Coruña, o barrio da Residencia de Lugo, as áreas metropolitanas, o Xacobeo de Compostela, o Centro de Saúde de Vilagarcía ou favorecendo que a Deputación de Lugo poña en marcha o seu programa de residencias. Instou ademais ao presidente da Xunta a “darlle carpetazo á innecesaria Comisión do Marisquiño”.

O responsable socialista instou ao presidente da Xunta a “limitar as barreiras e obstáculos que dificultan as colaboracións institucionais” coa Galicia urbana. Sinalou á oportunidade de “construír consorcios metropolitanos do transporte” ou “aliñardose coas solucións que propoñen os alcaldes e alcaldesas para residencias, centros de día o Xacobeo, as depuradoras e tantos problemas enquistados”.

Ademais, esixiulle “diálogo, desterrar o clientelismo e xestionar con planificación e luces longas” na Galicia rural, que protesta do “trato desigual, vantaxismo e clientelismo”. Neste sentido, propuxo suprimir as convocatorias de axudas expréss, que benefician aos alcaldes “máis informados”, en alusión ao contacto directo coa Xunta para ter información sobre as axudas, poñendo en marcha unha estratexia de equilibro territorial ou impulsando unha axencia de equilibro territorial.

Lista máis votada

Fernández Leiceaga afeoulle a Feijóo a súa defensa do goberno da lista máis votada lembrando a situación dos gobernos municipal e autonómico de Madrid, onde Martínez – Almeida e Díaz Ayuso se perfilan como alcalde e presidenta sen ter o maior número de votos. Retrucoulle que aquel é “o exemplo da coherencia do PP nestes temas”.

Incidiu nas supostas “diferenzas coa dirección do partido en Madrid”, que resumiu cun símil futbolístico puntualizando que “vostede non quixo ser xogador – franquicia, pasou a ser entrenador, e quere que aquel que está empeñado en xogar na estrema dereita xogue de medio centro, e non ten habilidades para facelo”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.