Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O “BALEIRADO DE COMPETENCIAS E CONTIDO” DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO POR PARTE DA XUNTA

Información
07 Junio 2019 352 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Concepción Burgo reivindica un novo marco legal para dotar de autonomía e recursos ás institucións públicas de creación artística

Santiago de Compostela, 07 de xuño de 19. A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de dirixir dende 2009 un proceso de “baleirado de competencias e contido” do Centro Dramático Galego. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei que levou hoxe á Comisión de Cultura do Parlamento para pedir un novo marco legal que garanta autonomía e recursos ás institucións públicas de creación artística, que foi vetada polo PP.

 

A responsable socialista denunciou a “carencia de vontade política” por parte do PP para resolver os problemas que ameazan ao CDG porque “non queren escoitar”, senón que optan por “continuar co rumbo autoritario e carente de diálogo iniciado en 2009”. Por iso se ausentaron, dixo, á xuntanza anual do Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música convocada polo Ministerio de Cultura en decembro do ano pasado.

O desinterese do goberno galego pola situación do CDG, dixo, evidénciase polo paulatino descenso na actividade do ente, con cada vez menos obras, menos intérpretes e menos orzamentos. En 2016 foi o propio Agadic quen decidiu implantar un sistema de selección de elencos baseada na libre concorrencia, e en 2018 pasaron a externalizar a contratación, dramaturxia, tradución e interpretación das obras do CDG a compañías privadas.

A propia Asociación de Actores e Actrices de Galicia –AAAG- vén denunciando dende anos a perda de peso do Centro Dramático Galego, ata o punto de que en 2017 solicitou unha mesa sectorial entre a Xunta e as asociacións do sector para abordar os seus problemas de funcionamento. Solicitaban a refundación da institución para dotala de orzamentos e independencia, pero o Agadic negouse a tratar estas cuestións na mesa convocada en 2018.

Burgo presentou hoxe unha proposta para reclamarlle á Xunta que colabore cos representantes de tódolos sectores teatrais para conformar un novo marco legal que garanta autonomía real. Reclamou así as ferramentas necesarias para romper cos desaxustes entre os marcos legais e o normal funcionamento das institucións públicas de creación artística, seguindo a senda marcada polo Ministerio de Cultura co Inaem.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.