Información
Localidades de Galicia

Leiceaga critica o retraso no nomeamento dos senadores autonómicos e a renovación da Valedora, a presidencia do CES e do Consello Social da USC ou do director xeral da CRTVG

Información
12 Junio 2019 253 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, responsabilizou hoxe ao presidente da Xunta da “atonía lexislativa, a parálise nos nomeamentos necesarios e a parálise parlamentaria” de Galicia. Así o dixo na sesión de control ao presidente no Pleno do Parlamento, na que situou ao PP como “forza retardataria do progreso, o crecemento e as reformas que Galicia precisa”.

 

O responsable socialista criticou que o goberno galego se teña especializado na “xestión da inercia, pero non das reformas que Galicia necesita”, e lembrou que se ben o ano pasado só aprobaron 3 leis das 11 previstas, e dúas delas viñan de 2017, este ano nin sequera presentaron calendario lexislativo “para non incumprilo”. Sinalou ás leis de Emprego e de Impulso Demográfico, das que a día de hoxe “non está circulando nin un anteproxecto”.

Advertiu que co ritmo pausado do goberno galego, aínda de ser aprobadas, estas leis non terían efectos ata a próxima Lexislatura, retrasando de novo a acción fronte á regresión demográfica ou a polarización territorial, así como afrontar as dificultades para producir emprego “en volume e cantidade suficiente”. Tampouco actúan, dixo, fronte ao deterioro da sanidade, negándose a xestionar e bloqueando tódalas iniciativas da oposición.

Parálise institucional

Engadiu á parálise nos nomeamentos institucionais pendentes, como o caso dos 3 senadores por designación autonómica, dixo, á espera dos “equilibros internos” do PP cando podían levar un mes elixidos. Lembrou que a Mesa do Parlamento habilitara o trámite para pechar a elección dos senadores nesta mesma sesión plenaria pero que o PP negouse a incluílo en contra do criterio do resto dos grupos na Xunta de Portavoces.

Sinalou ademais á situación da Valedora do Pobo, nunha “sorte de interinidade” logo da condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a presidencia do Consello Económico e Social, tamén en interinidade dende o nomeamento da súa titular para presidir a xestora do PP de Vigo. Algo semellante sucede co director xeral da CRTVG, “interino dende hai demasiado tempo” á espera dun “novo proxecto e nova dirección”.

Tamén criticou que o PP manteña abertas e bloqueadas sine die as comisións de investigación da situación da Sanidade ou das Caixas de Aforro, á espera de aprobar as conclusións dende hai 2 anos “mentres pechan entidades, concentran sucursais e padecemos segregación financeira”.

Lista máis votada

O responsable socialista retrucoulle hoxe ás críticas de Feijóo contra os acordos de goberno sinalando que “defenden que goberne a lista máis votada... agás en Ourense, onde queren apoiar o goberno de Democracia Ourensana”. Sinalou que as pasadas eleccións xerais “refrendaron 10 meses de goberno do PSOE” fronte á inestabilidade e bloqueo do PP e, sinalou, “o que non apoiaron foi a súa forma de oposición e os seus pactos con Vox”.

Finalmente, en resposta aos argumentos de Feijóo lembrando o apoio do PP a candidatos socialistas ao Consello de Administración da CRTVG, lembrou que “o seu grupo e vostede mesmo non votaron a Fraga como senador e tivemos que votalo outros”, lembrando que en 2008 o ex presidente galego foi nomeado senador cos votos de PSdeG e BNG e non do PP, que emitira votos nulos.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Senadores paralizado para equilibrios internos PP

Valedora do Pobo ou CES en interinidade

Consello Social USC paralizado dende hai máis dun ano

CRTVG dx interino demasiado tempo, novo proxecto e nova dirección

Atonía lexislativa, parálise nomeamentos necesarios e parálise parlamentaria. Forza retardataria progreso, crecemento e reformas que Galicia precisa

---

Seu grupo e vostede mesmo non votaron a MF senador e tivemos que votalo outros. Acordo da Mesa para introducir senadores e PP negouse en contra de tódolos demais grupos

Inestabilidade bloqueo as urnas referendan 10 meses goberno PSOE, o que non apoiaron foi a súa forma de oposición e os pactos con Vox. Lista máis votada pero apoio a DO en Ou

Abertas CI na Cámara. CI caixas, sanidade, meses paralizadas.

Caixas 2 anos paralizada, sanidade sen conclusións tema central, con mobilizacións e gran alarma social. E gran impulso reformista de vostedes todo isto en stand by. Pechan entidades, concentran sucursais, segregación financeira

Sanidade bloqueo iniciativas oposición lex e non lex. Incapaces presentar conclusións reformistas

Atonía lexislativa, faltan 2 leis e moitas outras, sen anteproxecto circulando, parálise nos nomeamentos. Senadores, proposta elixir senadores neste pleno e seu grupo retira esa proposta na Xunta Portavoces. Parálise nomeamentos e parlamentaria con CI non dan rematado traballo hai máis 2 anos

Xestión da inercia, pero non na xestión das reformas que Galicia necesita

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+