Información
Localidades de Galicia

A CIG-Ensino defende que o ensino público precisa profesorado cualificado e recoñecido no Congreso Nacional da FENPROF portuguesa

Información
14 Junio 2019 370 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

En sintonía co lema deste ano (A escola pública esixe professores qualificados e reconhecidos) do Congreso da Federação Nacional dos Professores (FENPROF), a maior federación sindical docente do país veciño que aglutina a sete grandes sindicatos, o representante da CIG-Ensino compartiu a preocupación polas políticas educativas de marcado corte neoliberal que se están aplicar na actualidade, así como polo posta en cuestión dos servizos públicos e polo desprestixio da profesión docente. Unha análise da situación compartida a ambos lados da raia e na que o papel das organizacións sindicais combativas, transformadoras e de clase é máis necesario ca nunca.

 

Na súa intervención durante o Congreso, Suso Bermello salientou aqueles aspectos partillados cos sindicatos e docentes portugueses tanto no que ten a ver coas afrontas derivadas das políticas de recortes de dereitos públicos como na defensa dun modelo sindical “partidario da unión de esforzos e loitas do profesorado co resto da clase traballadora e que se fundamente na democracia e na participación na orde interna e no contacto permanente cos centros de traballo e, polo tanto co persoal docente”. Así mesmo, engadiu que os nosos retos, “coas obvias diferenzas própias de cada unha das nosas realidades nacionais, son moi semellantes. Os servizos públicos están continuamente en cuestión, a educación pública desprestixiada, as suas professoras e professores criticadas e cualificadas ás veces como privilexiadas e outra como despreocupadas, provocando campañas mediáticas dunha opinión pública dirixida descaradamente pola opinión publicada de quen realidade manexa o poder no noso contexto.”

Entre eses retos comúns polos que traballa a CIG-Ensino en Galiza e os sindicatos integrantes da Fenprof, Bermello situou a redución das ratios, un horario lectivo razoábel onde o docente poida centrar o seu esforzo na preparación e na impartición das clases, unha carreira profesional digna e a recuperación dos dereitos roubados. Así mesmo, incidiu na necesidade de traballar en conxunta por unha escola “que atenda á diversidade, coeducadora e laica, democrática e participativa que forme unha cidadanía crítica e activa e que sexa capaz de se liberar da orientación marcadamente laboral na que se ten transformado un sistema adaptado ao mercado e á formación de operarios”. Tamén situou como loita común a introducción de mecanismos de control internos e externos do traballo do profesorado e do sistema público de ensino, en referencia á falta de democracia dos centros, ao control curricular ou ás continuas probas externas ás que se somete o alumnado.

Bermello fixo tamén referencia, por último, ao proceso que Galiza está a sufrir coa recentralización do Estado español, e cun goberno galego que nin sequera defende as poucas competencias educativas que posúe. Neste sentido, aludiu á loita da CIG-Ensino contra a actitude que mantén a Xunta ao respecto da nosa lingua, o galego, irmán do portugués, e que está sendo desterrado do ensino con especial incidencia nalgunhas etapas educativas e áreas do país, así como na defensa dunha lei educativa propia que respecte a nosa realidade así como do profesorado e dos seus dereitos.

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+